lunes, 26 de abril de 2010

¡SORTEO COPA GALICIA!

Según nos comunicaron dende a Delegación Lucense de baloncesto a Federación Galega de Baloncesto celebrará nesta semana os sorteos correspondentes ás Copas FGB en categorías Júnior, Cadete e Infantil. Neste sorteo o CB Burela participará có equipo junior feminino vixente campión da liga provincial.

As datas e horas correspondentes a cada un dos sorteos son as seguintes:

Júnior Masculina - 27 de abril ás 18.00 h.
Júnior Feminina - 27 de abril ás 18.00 h.

Cadete Masculina -27 de abril ás 18.30 h.
Cadete Feminina - 27 de abril ás 18.30 h.

Infantil Masculina - 27 de abril ás 19.00 h.
Infantil Feminina - 27 de abril ás 19.00 h.

Datas de xogo
Así mesmo, todas estas competicións da Copa Galicia teñen xa marcadas tamén as súas datas de xogo no calendario. As categorías Júnior, Cadete e Infantil desputarán os seus encontros nas xornadas do 2, 9, 16, 23 e 30 de maio e na xornada do 6 de xuño.