lunes, 26 de noviembre de 2012

SENIOR FEMININO: DINÁMICA NEGATIVA

Derrota na casa diante Pulpalia Lugo

   Nova derrota do equipo senior feminino do CB Burela diante dun rival directo polos postos altos na liga, o Pulpalia de Lugo. O domingo pola tarde, no Pabillón Monte Castelo nos enfrenatmos a un equipo experto que está chamado a estar na parte alta da táboa de clasificación, partido que debía medir as nosas posibilidades nesta liga, pero con só 5 senior disponibles e 3 junior facían que este choque fose máis difícil para un clube que está pagando a falta de pretemporada, a falta de horarios de entreno e as baixas diante de equipos experimentados e que non permiten que os nosos erros queden sen castigo no marcador.
Esforzo inútil de Mar e Marta
  Partido lento e igualado no primeiro cuarto (13-12) e cun lixeirom despegue local no 2º cuarto (19-15 ) para chegar ó descanso cun resulatdo de 22 a 21 para as locais. Unha forte defensa individual local era contrarrestada cun acerto exterior das lucenses que deixaban moi aberto o partido para a segunda parte.
  As de Pulpalia saíron fortes despois do descanso e acumularon rentas de ata 7 puntos que quedaban reducidas a 4 para o inicio do último cuarto no que a falta de acerto no tiro das locais unido ó cansancio pola falta de rotación das locais fixeron que só se anotaran 5 puntos e que as lucenses se levaran o partido.

     Polo CB Burela xogaron Melani (4), Mar (4), Lucía (1), Marta (6), Claudia, Margarita (12), Irene F (8) e Tania (2).
                                13-12   //   22-21   //   32-36   //   37-41

   Esperamos contar con máis efectivos para a visita a Coruña diante doutro rival destacado (Maria Pita) e poder sacar un bo resultado para encarar o parón do Nadal cun novo plan de adestramentos  para encarar a 2ª parte da liga con posibilidades de competir con todos os rivais en igualdade de condicións.