lunes, 17 de febrero de 2014

SENIOR FEMININO : Aplastante victoria

Senior feminino: Victoria abultada en Vista Alegre

    Decomosexta xornada da 2ª feminina e decimosexta victoria para as nosas, despois de ganar a Basket Coruña en Vista Alegre por un contundente resultado: 113-30.
Margarita, enorme 
   Presentábase o equipo visitante en Burela para comprobar se o equipo local estaba nunha crise de xogo despois da última victoria apurada cntra Cambre. Nada máis lonxe da realidade pois as locais fixeron un partido moi completo, voltando ás sensacións da 1ª volta cunha defensa asfixiante e un ataque rápido e combinativo que superaba a zona presentada polas rivais.

    De inicio , cun quinteto novedoso, Adela, Lucía, Claudia, Celia e Mar, se marcaban distancias (22-12 no 1º cuarto), cunha defensa aberta , buscando o balón e os pases das rivais, mentras as visitantes sobrevivían co tiro exterior e algún rebote ofensivo. No segundo cuarto, despois dun inicio dubitativo (22-17), poidemos ver unha gran imaxe do noso equipo, con 27 minutos extraordinarios (91-13 de parcial), cunha enerxía defensiva sobresaínte e unha confianza nas accións ofensivas que non tiveran no anterior partido.
   O marcador non fixo máis que ampliar ventaxas con parciais demoledores (29-10 no segundo cuarto para chegar ó descanso cun claro 51-22), e a segunda metade foi aínda máis desnivelada cun parcial de 62-8. o equipo rival, tamén moi inexperto, rindeuse e non foi capaz de anotar máis de dúas canastas na segunda metade, polo cansancio e falta de alternativas diante do xogo local.

    Todas as xogadoras estiveron a un gran nivel, cun  gran esforzo defensivo colectivo e a anotación foi moi repartida , destacando Margarita que , saíndo do banco, anotu o seu tope da temporada , 27 puntos. Tamén Adela, Tatiana e Marta axudaron moito na anotación e Miriam e Lucía anotaron desde a distancia.

  Xogaron  e anotaron : Miriam 7, lucía C 10, Mar, 10, Tatiana 12, Tamara 8, Marta 11, Claudia 4, Margarita 27, Adela 18 e Celia 6.

    Na clasificación todo sigue igual, coas nosas cun pleno de victorias e as rivais máis perigosas, Sta. María del Mar, a dúas victorias. Na vindeira xornada recibimos ó colista, Adfro de A Coruña, nun partido para seguir sumando victorias para asegurar o primeiro posto.