miércoles, 17 de marzo de 2010

¡ÁLVARO FERREIRA SELECCIONADO!

A Federación Galega de Baloncesto deu a coñecer as listas definitivas dos 12 xogadores que representarán á nosa Comunidade no XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket CLAS do 27 ao 31 de marzo en San Fernando (Cádiz) e na que figura o noso xogador alevin Álvaro Ferreira.
Esta relación dos xogadores que estarán na localidade gaditana, deuse a coñecer nesta mesma fin de semana ao conxunto de rapaces que participaron coas derradeira preselección galega masculina na súa concentración de Xinzo de Limia. Precisamente foi este traballo da fin de semana permitiu ao corpo técnico da selección perfilar a lista de 12 nomes e desenvolver un intenso traballo preparatorio nesta recta final antes da inminente cita de Cádiz. O bloque masculino traballou na localidade ourensá de Xinzo de Limia na cal levou a cabo dous adestramentos durante xornada do sábado e un novo adestramento e un encontro amigable o domingo. Neste enfrontamento, que se disputou ante Selección Preinfantil de Ourense, predominou desde o inicio a igualdade entre ambos conxuntos e, a pesares das contadas ocasións nas que o combinado ourensán conseguía impoñerse no marcador, os xogadores galegos volvían rapidamente a igualar o tenteo, amosando na pista todo o traballo realizado na concentración.

O camiño das Selección Galegas de Minibasket cara Cádiz ten establecida unha parada previa xa que esta mesma fin de semana participarán en Mirando do Ebro (Burgos) nun torneo preparatorio a disputar coas regras que rexerán no Campionato de España e organizado pola Federación de Castela e León e o Concello de Miranda do Ebro.
¡Noraboa Alvaro!