martes, 13 de abril de 2010

¡DOUS CAMPIÓNS COMARCAIS!

As categorias inferiores seguennos a dar multitude de alegrias e bos resultados xa que tanto o equipo alevin femenino, adestrado por Laura Chao, como o alevin masculino, adestrado por Lolo, son os novos campións comarcais nas súas respectivas categorias. Ámbolos dous equipos fixeron un campionato impecable xa que conseguiron gañar tódolos partidos. Agora están clasificados para a disputa do campionato provincial e a espera de coñecer os seus posibles rivais.
Dende o CB Burela queremos felicitar a tódol@s rapaz@s e como non , aos seus adestradores, polos éxitos colleitados esperando que teñan a mesma sorte no campionato provincial que disputarán en vindeiras datas.
Pola súa parte, o equipo infantil feminino tivose que confirmar có segundo posto logo de perder o basquetaverage no seu enfrontamento có CB Celtas Foz.

¡NORABOA A
TOD@S!