viernes, 18 de enero de 2013

Volta á actividade oficial

VICTORIA DAS CADETES 

     Nova xornada da liga FGB 2ª cadete feminina cun partido en Vista Alegre entre o CB Burela e o CB Viveiro, cunha cómoda victoria das nosas por 56-26, nun partido que afianza ás locais na parte alta da clasificación e lle da opcións de pelexar cos poderosos clubes de Lugo polos postos de honra.
Preme na imaxe para vela mellor
   Así na clasificación volta á 2ª posición aínda que na vindeira xornada non vai puntuar pois é semana de descanso e non competirá ata o mes de febreiro.

   En ligas escolares, enfrentamento co CB Viveiro en infantil (co infantil B) cunha derrota clara en Burela (26-43) na que na segunda parte o equipo se veu abaixo (19-18 no descanso), pero no que se veu certa melloría de cara a vindeiros compromisos. En alevín masculino, enfrentamento entre os nosos dous equipos, coa victoria axustada para o alevín B por 48-51. Partido moi disputado, cunha melloría evidente en ataque dos dous equipos e a victoria que podía caer para calquer bando, pois alternaron o dominio o alevín B con ventaxas claras na 1ª parte e o alevín A que dispuxo de 5 puntos de diferencia no último cuarto que non lle foron suficientes polas pérdidas de balón nos 2 últimos minutos. Boas perspectivas de cara ó futuro deste grupo alevín (dividido en 2 equipos) que deberá demostrar os seus avances no futro máis inmediato.

  En Senior, xornada de descanso e este fin de semana partido en Vista Alegre o sábado ás 18.30h, contra o Bazarra Costa da Morte, para rematar a 1º volta da liga. O rival está situado na parte baixa da clasificación e o noso equipo deberá mellorar o seu xogo despois dos adestramentos realizados no Nadal.