Copa da Mariña
Os equipos do deporte escolar do CB Burela participaron na Copa da Mariña cos seguintes resultados:
- O equipo benxamín mixto de Manolo gañou a copa ó impoñerse de novo ó equipo de CB Ribadeo con certa comodidade aínda que o partis¡do se celebrou na cancha ribadense.
- O equipo alevín Mixto dirixido por Rubal e Madar quedou en segunda posición detrás dos anfitrións, o CB Ribadeo, cun equipo formado por unha mistura dos equipos alevins masculino e feminino, pois unha boa parte dos seus xogadores/as estaban de excursión en Bélxica co seu colexio. Polo tanto o equipo feminino non participou na Copa alevín feminina.
- Os equipos infantís participaron en Viveiro e remataron na terceira posición.
Clausura das escolas municipais de Xove
Os equipos alevín masculino e prebenxamín participaron na clausura das escolas deportivas municipais de Xove , onde saíron invictos e conseguiron ser os mellores dos equipos participantes : o prebenxamín de Lolo gañou con comodidade os locais e o alevín masculino quedou en primeira posición do triangular contra CB Viveiro e ADC Xove aínda que varios compoñentes do equipo estaban de excursión fin de curso co seu colexio.
Copa dos noso alevíns en Navia |
Torneo de Minibasket de Navia
Os equipos benxamíns de CB Burela (reforzados con xogadores/as do CB Ribadeo) e o noso equipo alevín masculino participaron na oitaba edición do prestixioso torneo de minibasket de Navia en Asturias a fin de de semana do 7 ó 9 de xuño.
- Os equipos benxamins participaron en sendos cuadangulares onde acadaron a terceira posición na categoría masculina (dirixidos por Manolo)e a cuarta posición en categoría feminina (dirixidos por Sama).
- O equipo alevín masculino dirixido por Rubal non pasou da séptima posición polo gran nivel da competición (os mellores equipos de Cantabria e Asturias) e pola ausencia dos nenos do colexio dos Castros de excursión fin de curso.
Os nosos alevíns en Navia |
Boa experiencia para os nosos, competindo diante de rivais con gran calidade técnica e táctica e diante de nenos que os superaban en idade e superioridade física.
O vindeiro ano tentaremos repetir a experiencia con máis garantías de competir .
Amistoso infantil masculino en Burela
O noso equipo infantil masculino caeu derrotado diante dun combinado infantil do CB Ribadeo e o Cb Vegadeo. Este partido sirveu para ver en acción ós nosos novos xogadores rafa e román que se incorporaron no tramo final da temporada e que nos axudarán no equipo cadete o vindeiro ano.