martes, 30 de septiembre de 2014

Empezamos a pretemporada

PRETEMPORADA EN MARCHA



  O CB Burela , unha vez iniciados os adestramentos empeza a disputar os seus primeiros amigables para prepararse para as ligas 2014/15.

  Os infantís masculinos perderon en Ribadeo con claridade e deberán mellorar en defensa e ataque para competir cos ribadenses na liga provincial, asimesmos as cadetes femininas perderon tamén en Ribadeo coas locais (reforzadas con varias juniors) e deberán reforzar o traballo nos adestramentos para mellorar o xogo en ataque.

   Por último, primeiro torneo das seniors en Castropol e primeiras victorias do noso equipo recén ascendido á 1ª Autonómica. O sábado venceron ó Avilés Sur con claridade 25/64 e o domingo apabullaron ó Inmaculada de Santiago na final por 38/90, conseguindo este torneo con total superioridade.
Equipo que disputou a final en Castropol

    Sábado CB Burela 64 - Avilés Sur 25
   Salo (4), Lucía C (6), Mar (10), Tania (4), Marta Cifu (7), Fátima (8), Claudia (2), Adela (7) e Celia (8)
    Domingo -  CB Burela 90 - Inmaculada 38
    Salo(2), Marta A. (2), Mariña (13), Mar (15), Tania (2), Marta Cifu (10), Fátima (14), Lucía C. (9), Adela (14) e Celia (9).

    Dentro do nivel de xogo propio de pretemporada, con erros en ataque e algún despiste defensivo, destaca a participación de toas as xogadoras disponibles e a incorporación ós conceptos de  xogo propios das novas xogadoras: salo, Mariña, Marta A., Tania e Fátima. Esta última destaca polo seu rendemento como recén chegada e junior de 1º ano.

   Como novidade temos que destacar que tamén teremos equipo junior masculino ás ordes de Manolo, que será de moita utilidade para acompañar ó novo equipo senior.