miércoles, 9 de marzo de 2016

SÉNIOR MASCULINO: CB. CHANTADA 53 - CB. BURELA 69

CRONICA DO PARTIDO SÉNIOR MASCULINO

O noso equipo non fixo un bo partido contra un rival que puxo intensidade e plantexou unha defensa presionante todo o partido.
Actuamos con precipitación no tiro exterior, abusando moito dos tiros de tres sen compensalo con tiros a media distancia o con balóns interiores. Tivemos unha porcentaxe moi baixa nos tiros de tres, falla que compensamos en parte co rebote a pesar de que tivemos tres baixas de pivotes e de que Andrés xogou mermado fisicamente. Debemos tamén correxir as perdas de balóns.

RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :   9 - 20
2º CUARTO : 13 - 16
3º CUARTO : 14 - 13
4º CUARTO : 17 - 20

ANOTADORES: Samuel 6, Andrés 15, Mario 2, Rafa 2, Cristhian 28, Adrián, Omar e Manolo 16.