sábado, 15 de diciembre de 2012

Ligas escolares

Benxamíns a tope

  Na mañá do sábado disputamos unha nova xornada do deporte escolar con 3 partidos en Burela con resultados diversos que agora pasamos a analizar:
  • Benxamín mixto, con partido diante do Martínez Otero de Foz e cunha brillante victoria (42-27) que sigue deixando líderes ós/ás de Manolo , invictos despois de catro xornadas. Queda claro que xa son candidatos ó campionato, aínda que deben refrendalo en partidos difíciles a domicilio. Xogaron Antón, Luís, Alejandra, Julia, Claudia, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
O equipo Bernxamín Mixto de Manolo Cobas
  • Alevín Masculino, co partido entre o noso alevín 2001 e o Martínez Otero, partido igualado desde o inicio, con moitos erros e que aproveitou o equipo de Foz para acumular unha renda de 12 puntos ó inicio do último cuarto. Cambiaron as cousas e o equipo local mellorando a defensa e con rápidos contraataques chegou a empatar o partido e ter varias opcións finais de gañar ,para rematar o partido con empate a 34 puntos. A prórroga deixou ver o cansancio dos locais (só 8 xogadores) e rematou coa victoria visitante por 40-44. Xogaron David B., Diego P., Gabriel, Ángel, Hugo, Pablo F., Alberto e Artai.
  • Alevín Masculino, co partido entre os 2 primeiros clasificados , o noso alevín 2002 e o CB Ribadeo. Gran 1ª parte con dominio dos ribadenses (con xogadores máis altos e maiores en idade) pero sin grandes diferencias. O mal 3º cuarto dos locais xa deixaba resolto o partido para o último cuarto con 20 puntos de ventaxa, pero o equipo local sigueu pelexando e rematou o partido 36-54. Xogaron Adrián, Miguel, Iván, Pablo R., Cristian, Alex, David F. e Xoel.
    Para mañá queda un partido esolar, partido infantil feminino entre os 2 equipos de Burela o domingo ás 17h. (de estos partidos tamén vamos a ter na cateogría alevín)  para rematar co prato forte das senior no mesmo pabillón o domingo ás 19h. contra o CB Sarria (6º clasificado) .

viernes, 7 de diciembre de 2012

A base sigue xogando

Partidos adiantados e amigables para a base

  Nesta ponte de decembro a activvidade redúcese pero seguimos entrenado e xogando tanto nas ligas escolares Xogade como con amigables contra clubes do noso entorno.

   En canto ás ligas escolares, partidos adiantados para o alevín 2002 cunha victoria sobre os Celtas de Foz cun festival anotador que os sigue mantendo no coliderato do grupo (co CB Ribadeo) e unha nova victoria moi cómoda en San Cibrao contra o Cervo dos benxamín (3 partidos, 3 victorias) que os deixan líderes en solitario do seu grupo.
Amigables da ponte de decembro do CB Burela
  En canto ós amigables, debut dos máis pequenos (iniciación) en Xove, o que de seguro nos ofrecerá a cara máis divertida e inocente do baloncesto e que lles servirá como reforzo dos adestramentos que realizan. 
  Asimesmo, tamén debutan as benxamíns femininas en Xove para preparar a liga benxamin feminina que empezará cando remate a mixta que xa están disputando.
   Tamén os infantís masculinos reciben ó  CB Vegadeo en Vista Alegre esperando competir mellor co equipo asturiano que lles gañou nunha recente visita a Vegadeo.

  Por último, as demáis categorías siguen co seu plan de adestramento para preparar a xornada das súas ligas e as senior doblan adestramentos para preparar o partido do seguinte domingo contra o CB Sarria.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Domingo perfecto a domicilio


As senior e as cadetes gañan fora

   Domingo perfecto para o CB Burela nas ligas FGB femininas con dúas importantes victorias a domicilio diante de rivales directos e que deixan líderes ás cadetes e segundas ás seniors dos respectivos grupos .     Boas sensación e melloría no xogo fai que debamos pensar que van a competir cos equipos da parte alta da clasificación ó final da liga. Queda unha xornada antes do parón do Nadal onde poden afianzar as posicións de privilexio e conseguir nas vacacións elevar o nivel do seu xogo para mellorar o rendemento individual e colectivo na segunda volta das súas ligas. Podes ver as clasificacións e a vindeira xornada nas imaxes que apardecen abaixo (clicando sobre elas se poden agrandar).

                                          

                     Clasificación 2ªSenior   FGB                                                      
  
                                                      

 
 Clasificación 2ª Cadete FGB                                                                   

  O partido cadete en Foz contra o Celtas rematou cun 38-51 e un final tranquilo para as nosas que non fixo perigar a victoria, fundamentada nas variantes defensivas que romperon o ritmo das locais e un ataque contra zona eficaz e ordenado . Xogaron Katia, Lara, Noa, Tatiana, Teba, Tamara e Saray. 
   O vindeiro compromiso é contra Estudiantes de Lugo , un rival duro que optrá o final da liga ós postos de privilexio.
CB BURELA CADETE FEM. 12-13

    En Coruña cun horario tardío (domingo, 19h.) esperábanos un rival clasificado en 2ª posición e con só unha derrota na liga , o Fixagal María Pita, que iba a poñernos a proba. Ibamos con só 8 xoagdoras (3 juniors) pero moita ilusión e ganas de xogar, e así se iniciou o partido cunha forte defensa e transicións rápidas que nos deron as primeiras ventaxas  (8-15). No segundo cuarto a presión coruñesa e algúns erros  fixeron apretarse o marcador pero nunca chegou a poñerse diante o equipo local para chegar ó descanso cunha pequena renta de 5 puntos (19-24) e todo aberto para a segunda parte. Intensidade defensiva e un ataque sólido fixo aumentar as ventaxas ata os 10 puntos (29-39) para iniciar o último cuarto con rentas cada vez máis amplias ata 15 puntos (35-50) e rematar con 2 minutos de relaxación que reduciron a diferencia ata os 6 puntos (46-52).
    Xogaron Marta (8), Melani (4), Mar (11), Lucía (3), Claudia (2), Irene Fdez., Maragarita (15) e Miriam.
         8-15  /  19-24  /  29-39 /  46-52
   Destacamos ó noso equipo en defensa, nas recuperacións e debemos mellorar nas transicións e nas pérdidas de balón que lastran o bo xogo que realizamos en defensa. Toca seguir progresando e aproveitar o parón da ponte de decembro para acumular sesións de adestramento e mellorar o noso xogo.
     Na vindeira xornada (16 de decembro) recibimos a unhas vellas coñecidas (CB Sarria) coas que tivemos unha gran rivalidade nos últimos anos tanto en cadetes como en junior e que seguro non serán unhas rivais doadas.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Intensa matinal de basket escolar


Todos os equipos de baloncesto escolar en xogo

     Intensa matinal do baloncesto escolar para o CB Burela, con 5 partidos en Burela e 2 en Foz. Gran interés nas gradas por parte dun público que completou medio aforo no Pabillón Monte Castelo, onde os resultados foron:
  • Alevín masc.  CB Burela 2001 - 21  CB Ribadeo 49, partido no que a calidade e rotación dos visitantes se impuxo despois do descanso (13-19). Mal partido dos locais cun gran número de pérdidas e tiros fáciles fallados que aproveitou o gran favorito da competición para levarse unha cómoda victoria. Xogaron Artai, Alberto, Diego, Hugo, Pablo F., David B., Angel e Gabriel.
  • Benxamín mixto  CB Burela  43. CB Ribadeo 29, importante vistoria cunha gran 1ª parte (31-9) e unha segunda parte onde o equipo visitante se puxo a 7 puntos pero no último cuarto acabou perdendo por 14 puntos. O benxamín mixto sigue invicto e suma a súa segunda victoria na liga .  Xogaron Diego F., Antón, Claudia, Julia, Alejandra, David, Daniel, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
  • Alevín masc.  CB Burela 30 - CB Viveiro  16 , mal partido dos locais con moitísimas pérdidas de balón, cun resulatdo moi baixo (13-10 ó descanso) no que só no último cuarto o resultado foi definitivo para os locais. Xogaron Adrián, Miguel, Alex, David F., Iván, Xoel, Pablo R. e Cristian.
  • Alevín Fem. CB Burela 40-Cb Viveiro 27, primeira victoria das locais nun partido onde lograron ter unha ventaxa tranquilizadora e non pasaron apuros.
  • Tamén pola mañá xogaron os infantís masculinos de Manolo  Cobas contra Ribadeo e lograron unha importante victoria por 49 a 37 logrando así seguir invictos despois de 2 xornadas e liderar o grupo. Xogaron Alex, Marco, Pablo Rubal, Manuel, Noel, Brais, Luismi, Angel e Adán.
Moito público na matinal do sábado no Monte Castelo
   Por outra parte, o equipo infantil feminino e o alevín feminino restante caeron con claridade na visita a Foz (Martínez Otero) con diferencias moi amplas (30 ptos.) e sen opcións de victoria en ningún dos dous partidos.

   Quedan os 2 pratos fortes do fin de semana, o derbi local en Foz entre Celtas e Burela (cadete fem. FGB) e a visita das senior a Coruña para enfrentarse no pabillón de Riazor ó potente equipo do Maria Pita o domingo ás 19 h.