Todos os equipos de baloncesto escolar en xogo
Intensa matinal do baloncesto escolar para o CB Burela, con 5 partidos en Burela e 2 en Foz. Gran interés nas gradas por parte dun público que completou medio aforo no Pabillón Monte Castelo, onde os resultados foron:
- Alevín masc. CB Burela 2001 - 21 CB Ribadeo 49, partido no que a calidade e rotación dos visitantes se impuxo despois do descanso (13-19). Mal partido dos locais cun gran número de pérdidas e tiros fáciles fallados que aproveitou o gran favorito da competición para levarse unha cómoda victoria. Xogaron Artai, Alberto, Diego, Hugo, Pablo F., David B., Angel e Gabriel.
- Benxamín mixto CB Burela 43. CB Ribadeo 29, importante vistoria cunha gran 1ª parte (31-9) e unha segunda parte onde o equipo visitante se puxo a 7 puntos pero no último cuarto acabou perdendo por 14 puntos. O benxamín mixto sigue invicto e suma a súa segunda victoria na liga . Xogaron Diego F., Antón, Claudia, Julia, Alejandra, David, Daniel, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
- Alevín masc. CB Burela 30 - CB Viveiro 16 , mal partido dos locais con moitísimas pérdidas de balón, cun resulatdo moi baixo (13-10 ó descanso) no que só no último cuarto o resultado foi definitivo para os locais. Xogaron Adrián, Miguel, Alex, David F., Iván, Xoel, Pablo R. e Cristian.
- Alevín Fem. CB Burela 40-Cb Viveiro 27, primeira victoria das locais nun partido onde lograron ter unha ventaxa tranquilizadora e non pasaron apuros.
- Tamén pola mañá xogaron os infantís masculinos de Manolo Cobas contra Ribadeo e lograron unha importante victoria por 49 a 37 logrando así seguir invictos despois de 2 xornadas e liderar o grupo. Xogaron Alex, Marco, Pablo Rubal, Manuel, Noel, Brais, Luismi, Angel e Adán.
Moito público na matinal do sábado no Monte Castelo |
Por outra parte, o equipo infantil feminino e o alevín feminino restante caeron con claridade na visita a Foz (Martínez Otero) con diferencias moi amplas (30 ptos.) e sen opcións de victoria en ningún dos dous partidos.
Quedan os 2 pratos fortes do fin de semana, o derbi local en Foz entre Celtas e Burela (cadete fem. FGB) e a visita das senior a Coruña para enfrentarse no pabillón de Riazor ó potente equipo do Maria Pita o domingo ás 19 h.