A base faise notar
Interesante partido fratricida entre os dous equipos infantís femininos do CB Burela no Pabillón Vista Alegre o pasado domingo antes do partido das seniors. Victoria clara do Infantil B nun partido con moita intensidade pero falto de acerto de cara ó aro. O resultado final de 14- 28 debe animar ás derrotadas a aumentar as súas gañas para recortar esta diferencia diante do seu equipo xemelgo que xogou un pouco mellor e tivo a Paula como xogadora máis destacada.
Os dous equipos cos seus adestradores |
Por outra banda, 4 representantes do noso clube participaron nunha xornada de tecnificación da Federación Galega de Baloncesto en Lugo cos mellores infantís (ano 2000) e cadetes (ano 1998) masculinos e femininos da provincia. De seguro de que tanto Noa e Tatiana en cadetes como Marco e Paula en infantís nos deixaron quedar ben e poideron amosar os seus progresos máis recentes.
Podes velo na web da Federación AQUÍ |