domingo, 7 de abril de 2013

Misión cumplida : victoria en Sarria das seniors

11ª victoria consecutiva das senior en Sarria

    Volta á actividade oficial das ligas FGB e novo partido da 2ª división senior para as nosas en Sarria diante dun rival ben situado na clasificación nunha visita sempre pouco propicia para o CB Burela. pero o equipo non notou as ausencias de Irene F. e Sol por lesión e a de Melani por motivos laborais e consigueu unha importantísima victoria que lle sigue dando unha lixeira ventaxa ó frente da clasificación.

    O partido empezou cunha serie de erros dos dous equipos que deixaban rentas pequenas ó longo do cuarto e unha anotación reducida (14-13 para as locais ó final do 1º cuarto), para pasar a un segundo cuarto onde as burelesas dominaron en defensa e ataque ás locais cun parcial de 20-2 que daba unha importante ventaxa ás nosas para rematar a 1ª parte cun resultado de 24-38, despois de realizar un dos mellores cuartos da temporada.
CB Burela senior no Torneo de "Lourenza  en xogo"       Foto: EDLourenzá
     Na segunda metade a dinámica sigueu sendo a mesma  e a superioridade das nosas foi de novo evidente e deixou o partido visto para sentencia ó rematar o 3º cuarto (37-60) para poder dosificar esforzos e xestionar minutos nun último cuarto no que as nosas juniors levaron o peso anotador para rematar o partido cun resultado de 50-75.
Claudia: 13 puntos 
  Destacamos novamente o esforzo das oito xogadoras desprazadas, cunha implicación na dinámica do equipo total, unha boa defensa, un ataque que empezan a facer de memoria con puntos de todas as xogadoras, e a nivel individual destacaremos á junior Claudia que anotou na segunda metade 11 puntos para un total de 13 ó final do partido.
    Xogaron e anotaron: Miriam (9), Mar (18), Carla (12), Lucía (2), Irene M. (2), Marta C.(7), Claudia (13) e Margarita (12).

                Tanteo: 14-13 / 10-25 / 13-22 / 13-15

  Con este resultado, o equipo suma 11 xornadas sen perder a falta de dous partidos para rematar a liga, mantendo todas as opcións de manter o liderato unha xornada máis.

    A vindeira semana viaxaremos a Lugo para enfrentarnos a Pulpalia, equipo que nos gañou por 4 puntos en Burela e que nos amenaza o liderato. Esperemos manter o nivel de xogo e que non teñamos máis baixas neste fin de liga.

lunes, 1 de abril de 2013

Torneo de Lourenzá: as senior chegan a semifinais

Éxito das senior  en Lourenzá 


    Despois dun gran torneo, as nosas senior chegaron a semifinais do Torneo "Lourenzá en xogo 2013" . A primeira fase se cerrou cunha brillante victoria diante doas valencianas do Burjassot e tocaba enfrentarse en semis ó equipo anfitrión , o Lourenzá-Emsino que milita na 1ª autonómica FGB e que aspira a ascender de categoría e ten nas súas filas a xogadoras expertas entre as que destaca a burelense Marly e a cubana internacional Taimara.
As nosas seniors vendo un partido en Lourenzá
Marta Cifu coa copa
    O partido empezou de forma moi brillante por parte das nosas e cun xogo alegre en ataque e unha defensa individual forte chegaba ó final do 1º cuarto cunha diferencia cómoda (5-13). Despois, entre a  rotacións, o cansancio (xogamos un partido máis que as lucenses) e a calidade das locais  igualaron o choque e antes do descanso se poñían por diante as lucenses. O terceiro cuarto foi parecido ó segundo aínda que a defensa local coa permisividade arbitral  (sinalou unha técnica ó noso adestrador e unha dubidosa falta antideportiva), facía baixar a producción atacante das nosas e o acerto exterior da xogadora cubana Taimara (3 triples) daban as primeiras ventaxas ó Ensino.

    Sin decidir o partido se entraba no último cuarto no que se mantiveron a ventaxas entre 5-10 puntos e non daban opción ás nosas que remataban as súas opcións de meterse na final cun resultado de 49-39.

    Remataba así o torneo para as nosas cun gran rendemento colectivo, coa participación de todas as nosas xogadoras en todos os partidos, e moi boas sensacións de cara ó final de liga onde nos xogamos manter o liderato nas últimas 3 xornadas. Tamén debemos destacar a inclusión de Mar no quinteto ideal do torneo, no que destacou como a mellor xogadora interior. agradecerlle a súa axuda  a Marta Álvarez e a Adela que nos completaron o equipo neste torneo.
Mar coas mellores das senior do Louenzá en xogo
    Temos que felicitar a Melani, Mar, Miriam, Claudia, Margarita, Marta Alvarez, Adela, Irene F., Marta Cifu., Lucía, e Irene M., o esforzo e a actitude positiva que nos deron nos 4 partidos xogados, que seguro nos van a valer para rematar a liga con grandes resultados.

As cadetes gañan o Torneo de Lourenzá

As nosas cadetes gañan en Lorenzá


   As cadetes dirixidas por Madar gañaron o Torneo "Lourenzá en xogo" disputado na vila laurentina desde o día 20 ó 30 de marzo. Cun xogo pouco brillante (pero efectivo polos resultados) as cadetes superaron a derrota pola mínima do inicio do torneo e desfixeronse do Lourenzá-Mondonedo para rematar en segunda posición de grupo e acadar as semifinais.
As cadetes gañadoras do Lourenzá en xogo 2013

    Xa na fase final do sábado as rivais en semis eran o potente equipo de Corazonistas de Vitoria, e nun partido igualado as nosas xogaron con máis acerto os últimos minutos e alacanzaron a final cun resultado 44-47, destacando Saray, Noa e Carla.

   A final iba a ser a repetición do partido inicial contra Ensino Lugo e  unha oportunidade de devolver a derrota ás capitalinas da primeira fase.

  Un partido con moitos nervios , cunha desvantaxe inicial de ata 8 puntos pero sen perder a estela do equipo lucense do que só nos separaba 1 punto no descanso. Cambio defensivo a individual e mellores sensacións nos permitiron tomar as primeiras ventaxas pra chegar a un final apretado onde as nosas conservaron a súa pequena renta e  gañar o torneo (parte delas xa o gañaran en infantís o ano pasado). 

     Destacaron Carla, Noa e Tatiana en ataque e debemos dar as gracias ás xogadoras que nos completaron o equipo chegadas de Viveiro (Fátima e Celia) e de Foz (Carla). Tamén destaca o feito de meter no quinteto ideal do torneo a Carla (na foto inferior).
Carla coas mellores do torneo
      Este grupo ten unha gran calidade técnica individual e debe seguir medrando traballando a defensa, intensidade e táctica colectiva para seguir destacando no futuro , no que moitas seguiran sendo cadetes no 2013/14.



PREBENXAMÍNS CAMPIÓNS EN VEGADEO

OS PREBENXAMÍNS GAÑAN O TORNEO DE VEGADEO


  O equipo prebenxamín , esta vez dirixido por Lolo, fixo bon o traballo realizado con eles por Manolo e as nosa xogadoras/monitoras Margarita, Claudia e Tatiana e participou no torneo de Vegadeo onde se enfrentou ó local CB Vegadeo, ó CB Navia e a un combinado de nenos de Castropol. O resultado foi extraordinario cun pleno de victorias que os fixeron campións .
Os nosos prebenxamíns coas súas medallas          Foto: Abel
   Non hai que ver máis que velos coa medalla que gañaron para saber a inmensa ilusión coa que empezan no noso deporte, nun grupo que ten nenos e nenas dos anos 2005, 2006 e 2007 , que participarán nas ligas escolares a partir do ano que ven con moi boas espectativas de xogo e resultados, asegurando así a continuidade de traballo coa base do CB Burela, que tan bos resultados está dando tanto na costa como nos campionatos provinciais ós que chegamos.