11ª victoria consecutiva das senior en Sarria
Volta á actividade oficial das ligas FGB e novo partido da 2ª división senior para as nosas en Sarria diante dun rival ben situado na clasificación nunha visita sempre pouco propicia para o CB Burela. pero o equipo non notou as ausencias de Irene F. e Sol por lesión e a de Melani por motivos laborais e consigueu unha importantísima victoria que lle sigue dando unha lixeira ventaxa ó frente da clasificación.
O partido empezou cunha serie de erros dos dous equipos que deixaban rentas pequenas ó longo do cuarto e unha anotación reducida (14-13 para as locais ó final do 1º cuarto), para pasar a un segundo cuarto onde as burelesas dominaron en defensa e ataque ás locais cun parcial de 20-2 que daba unha importante ventaxa ás nosas para rematar a 1ª parte cun resultado de 24-38, despois de realizar un dos mellores cuartos da temporada.
Na segunda metade a dinámica sigueu sendo a mesma e a superioridade das nosas foi de novo evidente e deixou o partido visto para sentencia ó rematar o 3º cuarto (37-60) para poder dosificar esforzos e xestionar minutos nun último cuarto no que as nosas juniors levaron o peso anotador para rematar o partido cun resultado de 50-75.
CB Burela senior no Torneo de "Lourenza en xogo" Foto: EDLourenzá |
Destacamos novamente o esforzo das oito xogadoras desprazadas, cunha implicación na dinámica do equipo total, unha boa defensa, un ataque que empezan a facer de memoria con puntos de todas as xogadoras, e a nivel individual destacaremos á junior Claudia que anotou na segunda metade 11 puntos para un total de 13 ó final do partido.
Xogaron e anotaron: Miriam (9), Mar (18), Carla (12), Lucía (2), Irene M. (2), Marta C.(7), Claudia (13) e Margarita (12).
Tanteo: 14-13 / 10-25 / 13-22 / 13-15
Con este resultado, o equipo suma 11 xornadas sen perder a falta de dous partidos para rematar a liga, mantendo todas as opcións de manter o liderato unha xornada máis.
A vindeira semana viaxaremos a Lugo para enfrentarnos a Pulpalia, equipo que nos gañou por 4 puntos en Burela e que nos amenaza o liderato. Esperemos manter o nivel de xogo e que non teñamos máis baixas neste fin de liga.