As junior dan un paso adiante
Última xornada da liga regular e longuísimo deprazamento a Cee para xogar co equipo local o ACB Costa da morte, que estaba clasificado en séptima posición da liga e que tiña unha boa segunda volta na que gañou 5 das súas 7 victorias.
Margarita, 20 ptos |
O partido fixo valer a calidade da nosa rotación con dúas senior exercendo de veteranas e as 4 junior dando un pasiño máis na súa formación (na que por certo anotan o 33% dos puntos totais do noso equipo na liga). Inciamos o patido cunha boa defensa e rapidez no ataque que nos valeu unha boa diferencia ó rematar o 1º cuarto (6-18) e no descanso (18-37) diante dunhas xogadoras locais moi animosas cunha defensa durísima. As nosas, cunha idade media de 19 anos, non se deixaron amedrentar por esta dureza e seguiron incrementando a diferencia ó rematar o 3º cuarto (27-49) e deixaronse ir no último cuarto tentando non sufrir lesións e intercambiando canastas ata o definitivo 41-70.
Melani, destacada |
Destaca o esforzo das nosas, cun xogo moi vivo a pesar da escasa rotación e no ataque destacaron o afán colectivo na dirección de Marta (15 puntos e moitas asistencias), a capacidade anotadora de Margarita (20 puntos de todas as cores) e a irrupción de Melani na segunda metade (18 ptos.). Asimesmo Lucía aportaba en defensa e Claudia e Irene tamén tiñan a súa aportación ofensiva (13 puntos) entre as dúas.
Marta Cifu, líder en Cee |
Xogaron : Marta (15), Melani (18), Irene F. (7), Margarita (20), Lucía (4) e Claudia (6)
6-18 / 12-17 / 9-19 / 14-16 12 faltas, sen eliminadas
Queda, polo tanto a eliminatoria coas campionas do grupo Sur (CB Allariz) e aínda non sabemos as datas dos partidos que darán o equipo campión e subcampión da 2ª autonómica de Galicia. Cando sepamos datas e horarios os publicaremos para poder despedirnos en Burela da nosa afición despois de tres xornadas nas que finalizamos a liga sendo visitantes.