viernes, 19 de abril de 2013

As cadetes quedan terceiras

Cadete feminino. 3º posto final

   O equipo cadete feminino quedou terceiro nas finais provinciais despois de derrotar por 55-57 ó Galén Ensino de Lugo no partido polo terceiro posto disputado o pasado domingo no Pabillón da Veiga en San Cibrao.
     Despois de non superar o CB Estudiantes de Lugo (que despois se proclamou vencedor) na semifinal provincial , presentábase a oportunidade de rematar na terceira posición e para iso tiñan que vencer ó Galen Ensino (campión da fase regular). O partido empezou de cara para as nosas que tiñan ventaxas que rondaban os 10 puntos durante toda a primeira metade, aínda que a escasa rotación (6 xogadoras) e a acumulación de faltas persoais deixaban aberto o partido de cara a segunda metade.
    A segunda parte do partido volveu a deixar claro que o cansancio pasa factura e as lucenses puxéronse por diante e chegaron a ter ventaxas de ata sete puntos, con problemas de faltas nas nosas e as molestias físicas dalgunha das nosas xogadoras. Cando parecía estar xa perdido o partido, as mosas souperon atacar a defensa rival e superando as lesións  e as eliminacións por faltas (quedando só 4 en pista os últimos 3 minutos) puxéronse por diante e superaron ás rivais cos tiros libres finais de Noa.
Katia, Tatiana, Saray, Noa, Elena e Teba
Caroline (inf), Paula(inf), Madar, Tamara e Lara (inf)
   Este equipo ten unha gran calidade individual, con xogadoras acstumadas a xogar en categorías máis altas, pero a flata de adestramentos de calidade (nunca eran 10 para adestrar, faltas por viaxes, estudos, outras actividades, lesións) e , sobre todo, a rotación limitada que daba ser só seis xogadoras privou a este grupo de pelexar por metas máis ambiciosas. Destaca o esforzo das xogadoras disponibles pero sempre faltou unha maior preparación para afrontar a competición.

   Tamén destaca o feito de gañar o Torneo "Lourenzá en Xogo" diante de rivais de entidade coa colaboración de outras cadetes de Viveiro e Foz.

    Esperamos ver a estas xogadoras competir en vindeiros anos en junior e senior, categorías que, en parte, xa coñecen e nas que teñen que dar moito rendemento, sempre que os grupos que formen sexan amplos.

  A nosa noraboa aás nosas cadetes!!