lunes, 29 de abril de 2013

Final 2ª Autonómica : Ida decepcionante

Derrota clara do CB Burela 

   Partido de ida da final da 2ª Autonómica entre o CB Burela ee o CB Allariz en Vista Alegre cunha moi boa entrada (150 persoas) e gran ambiente que respondía a un último partido de temporada coa posibilidade de ser campionas dunha liga FGB.
   Vovíamos a ter baixas importantes  e nos presentábamos con 3 xogadoras senior e 4 junior, cunha rotación moi escasa e un poder anotador mermado polas ausencias de Miriam, carla e Irene Fdez. (25 puntos por partido entre as 3 nesta temporada). Aínda con todo, recuperábamos a Marta  e aspirábamos a competir e poñerlle as cousas moi difíciles a un equipo visitante veterano e cun físico superior. Todo isto diante do noso público que nos debía de motivar para intentar conseguir competir cun equi`po superior.

   O partido iniciouse cunhas ventaxas visitantes producto das pérdidas de balón e das canastas fáciles falladas polas locais, que parecían o equipo de principio de temporada e daba unha ventaxa visitante de 9 puntos ó rematar o 1º cuarto (10-19). O segundo cuarto seguimos coa sequía anotadora e as vissitantes impoñían a súa defensa e estaban acertadas no tiro exterior para un resultado ó descanso de 20-33.

Lucía Paz
   O descanso podía cambiar algo o panorama pero o noso ataque se colapsou e non anotamos ata o minuto 8 e rematou xa sentenciado o partido co parcial 25-43. Só 2 canastas en 10 minutos non nos deixaban opcións aínda que o esforzo defensivo era o máis destacado do noso xogo.

   O último cuarto por fin se veu algo do noso xogo dinámico e poidemos remontar ata un 37-49 pero a veteranía das de Allariz e unha falta antideportiva e unha técnica inexplicable ó banquiño local facía medrar outra vez as diferencias ata o  rexsultado final de 39-58 , cun equipo de Allariz xusto vencedor.
 
   A falta de efectivos, a inexperiencia, a falta de adestramentos das últimas semanas, xunto ás pérdidas de balóns, as entradas e tiros fáciles fallados non nos deixaron plantar cara, e so debemos destacar o esforso en defensa e algúns detalles das junior que se van adaptando a competir en senior.

    Xogaron e anotaron: Melani (4), Mar (6), Lucía (2), Irene M. (2), Marta (6), Claudia (6) e Marga(13).

   Tanteo: 10-19  /  10-14 /  5-10  /  14-15       16 faltas , eliminada Marta.

   Destaca tamén a eliminación da nosa capitana Marta (exemplo de comportamento) pola sinalización de 2 antideportivas, nun partido no que os árbitros non tiñan que ter ningún protagonismo .

  Queda o partido de volta en Allariz o vindeiro sábado (16h.) no que iremos coa intención de realizar un mellor partido e esperamos ter menos baixas , xa coa final casi sentenciada para o CB Allariz.