¡Subcampionas galegas de 2ª división !
Encontro de volta da Final do campionato galego de 2ª división feminina 2012/13 onde o Cb Burela debía remontar os 19 puntos de diferencia quenos deixara a derrota como locais contra o CB Allariz. O parte de baixas seguía sendo abultado con Miriam e Irene F. lesionadas (Araceli para toda esta temporada e parte da próxima) e a baixa de última hora de Melani (viaxou pero non podía xogar). Pouca rotación (7 xogadoras) contra un rival moi experto (tanto en idade como en competición) e cunha rotación máis amplia. Só recuperábamos a Carla para este importante partido.
Coa idea de competir e tentar conseguir a victoria empezábamos o partido no que despois dun inicio esperanzador (4-7) as locais tomaban a dianteira nun cuarto moi vistoso no que os ataques brillaban (22-16). O seguinte cuarto ofrecíanos unha mellor defensa pero as dificultades en ataque eren moi grandes ó non permitir o noso xogo interior (as baixas nos lastran moito no tiro exterior) e chegábamos ó descanso cunha diferencia de 8 puntos (30-22).
A nosa filosofía non nos permite rendirnos e seguimos cunha gran defensa e logramos reducir as diferencias ata os 4 puntos (38-34) cando remataba o terceiro cuarto.
Necesitábamos un esforzo extra para remontar o partido e conseguimos apretar o marcador aínda máis pero un par de canastas anuladas e o acerto final das veteranas locais deixaron o resultado final en 55-48.
Gran partido a pesar das nosas limitacións, gran esforzo das nosas xogadoras nos demostraron de que temos nivel para competir con equipos con superioridade física e de experiencia. Destacou de novo Mar xunto con Carla e Marta que levaron o peso da anotación, sendo esta vez as junior menos importantes, aínda que a experiencia seguro que será moi positiva para o futuro.
O CB Burela Sr Feminino posa coas medallas e a Copa de subcampionas |
Tanteo: 22-16 / 8-6 / 8-12 / 17-14 10 faltas, sen eliminadas
Rematamos así a temporada, cun enorme éxito para as nosas xogadoras que fixeron cunha mistura de veteranía e xuventude un EQUIPO no que todas son importantes e no que a boa química do grupo e o traballo realizado nos fixo merecedoras de acadar o ascenso de categoría por méritos deportivos , nunha temporada que non esqueceremos nunca.
GRACIAS RAPAZAS