Amigables xogados este fin de semana
Este fin de semana non tiñamos competición oficial polo que se programaron uns partidos de alevíns masculinos e femininos diante o CB Navia e un partido junior feminino diante o CB Viveiro.
En alevíns , os nosos conxuntos non tiveron nada que facer diante dos equipos alevíns de CB Navia, tanto os equipos masculino como o feminino non deron ningunha opción ós nosos/as, demostrando unha superioridade técnica e táctica indiscutibles que se debe engadir á superioridade física evidente. Dous equipos moi traballados, con gran intensidade no xogo, boa defensa , os conceptos tácticos do minibasket moi ben aprendidos e unha boa técnica individual.
Os dous equipos masculinos posan despois do partido |
Por outra banda , as nosas juniors/cadetes xogaron un partido en Vista Alegre contra o CB Viveiro junior feminino, cun resultado amplio (75-52) para ver os progresos das junior que compiten en categoría senior e ver tamén ás cadetes como compiten de ti a ti coas junior da comarca. Destacou Margarita que dixou ver un ritmo superior ó resto e tamén é reseñable a velocidade das nosas na 1ª parte onde tiveron momentos moi inspirados. Tamén xogou Paula, que non desentonou sendo infantil de 1º ano.
Polo CB Burela xogaron: Sol, Melani (2), Katia (8), Noa (13), Tamara (6), Tatiana (15), Paula, Irene (6) e Margarita (25).
Por outra banda , o vindeiro fin de semana os benxamíns mixtos de Manolo participarán no campionato provincial en Lugo por segundo ano consecutivo, cunha base moi sólida e xa estaremos ó tanto do que alí suceda e daremos cumprida información.
Por outra banda , o vindeiro fin de semana os benxamíns mixtos de Manolo participarán no campionato provincial en Lugo por segundo ano consecutivo, cunha base moi sólida e xa estaremos ó tanto do que alí suceda e daremos cumprida información.