Provincial Benxamín: 3º posto
O pasado domingo o equipo benxamín mixto do CB Burela participou no campionato provincial dsiputado en Lugo. O equipo dirixido por Manolo Cobas acadou unha meritoria terceira posición e compiteu a un nivel alto , aínda que as baixas coas que participou impediron un maior nivel do seu equipo.
CB Burela Benxamín Mixto 2012/13 |
A competición deu inicio cunha difícil semifinal contra o Galén IV de Lugo , equipo con moitísimo traballo técnico e táctico que aproveitou os nervios iniciais dos nosos para coller diferencias desde o inicio e contar con cómodas rendas que souperon manter ata o final, co que perdíamos a semifinal cunha diferencia que rondaba os 20 puntos. O equipo lucense pola tarde conseguía diante do Estudiantes de Lugo o campionato provincial.
Pola tarde só nos quedaba a final de consolación contra o CB Ribadeo e o resultado foi sempre favorable e rematou o partido con 22 puntos de diferencia, nun partido que os nosos xogaron sen nervios e poideron deixar nota do baloncesto que saben . Terceiro posto final e a ledicia de competir a este nivel e as medallas que levaban fixeron que este campionato quede nas memorias destes xogadores que nos darán moitas alegrías no futuro.
NORABOA