sábado, 17 de enero de 2015

Resultados fin de semana

XORNADA DESIGUAL

  Despois dun fin de semana xon pouca actividade, o CB Burela consigueu victorias en categoría infantil e dúas derrotas en junior e senior masculino.

  • Gran victoria das infantís diante dun Estudiantes de Lugo moi limitado, cun tanteo final 47-15. As de Madar dominaron o partido de principio a fin e chegan na xornada 6 ó liderato compartido co Hotel Bouza Ribadeo (o Ensino Salesianos ten un partido menos disputado). A seguinte xornada visitan Lugo (sábado pola tarde, 16 h.) ó potente e candidato ó título Ensino Salesianos.
  • Victoria esperada dos infantís de Rogelio diante do Estudiantes 59-37, no que os nosos gañaron por ter mellores xogadores pero que deben mellorar o xogo colectivo. Diego Pardo liderou o ataque local ben axudado por Julián, Alex e Ángel. A vindeira xornada se xogarán a segunda praza da liga en Foz diante do Celtas Martínez, pois o liderato está desde fai tempo nas mans do Hotel Bouza de Ribadeo.
  • Derrota  moi abulatda dos juniors diante do Hotel Bouza de Ribadeo en Burela (39-66) no peor partido dos nosos. Despois dun primeiro cuarto esperanzador (12-11) os nosos viñéronse abaixo, sen rebote nin dirección na pista, polo que os visitantes engordaron a diferencia moi por encima da diferencia real entre os equipos. Cristhian e Miguel foron os mellores en ataque aínda que o máis destacado foi Damián . A vindeira xornada non terá partido pola petición de aprazamento do Galén lucense (xogarán o 14-2). Na clasificación o equipo segue na cuarta posición empartado co propio Galén, polo que deberá poñerse as pilas para asegurarse praza de paly-off polo título.
  • Derrota dos seniors en Ribadeo diante  do CB Ría de Ribadeo 62-55 nun mal partido dos de Manolo que non tiveron opcións durante os 40 minutos. A falta de dirección e calma no xogo de ataque e os despistes defensivos lastraron ó noso equipo. Con todo o final do partido rematou cunha diferencia que nos debe dar esperanzas de victorias na segunda volta. Jacobo con 16 puntos e randy con 13 lideraron ó CB Burela.

domingo, 11 de enero de 2015

Victoria axustada en Vigo

Victoria na prórroga do CB Burela

  Sexta xornada da 1ª Autonómica para as nosas rapazas senior e terceira victoria na liga en Vigo diante do Seis do Nadal-Coia.
  Intenso partido , moi igualado, entre dous equipos moi parellos, cun final de infarto no que as nosas tiveron gañado e perdido varias veces o partido pero que tivo que resolverse nunha prórroga na que as nosas souperon chegar con opcións ás últimas xogadas e aproveitar a oportunidade de sumar esta importante victoria.

 Desprazábase o equipò de Rubal coas baixas de Marta Alvarez, Laura Chao e Salo por motivos académicos, polo que a rotación das nosas quedaba reducida a 8 xogadoras. Tamén debemos resaltar que non chegaban no seu mellor momento polos problemas que tiveron durante as vacacións de Nadal para adestrar.

 De inicio xa se deixaba ver a igualdade co que iba a trancurrir o partido aínda que as nosas nun bo final de cuarto superaban as locais  12-17 facendo unha gran defensa con variantes tácticas. En ataque Mar e Lucía Carabán aportaban por dentro e por fora. O segundo cuarto foi igualado  e as locais conseguiron rebaixar as ventaxas para chegar ó descanso 3 puntos abaixo (26-29). Neste cuarto levou o peso anotador Margarita con 7 puntos consecutivos.
As nosas, celebrando a victoria

  Despois do descanso o CB Burela estivo por debaixo das súas posibilidades con moitas perdas de balón sen sentido, fallos en situacións fáciles e acusaron a intensidade defensiva local polo que as viguesas déronlle a volta ó marcador cun parcial 15-9, poñéndose 3 arriba (41-38) para iniciar o último cuarto con lixeiras ventaxas (de ata 4 puntos) pero as nosas voltaban ó seu xogo habitual e equilibraban o marcador gracias a aportación de Mar con 7 puntos no final do partido e neses minutos finais de infarto chegaban con empate a 54 e posesión en ataque de 9 segundos que non souperon aproveitar polo que se chegaba a outra prórroga . Cinco minutos finais cargados de presión, faltas e tiros libres para rematar cun tiro libre de Lucía C. nos poñía con ventaxa 59-60 que as locais non conseguían dar a volta nos últimos segundos.

  Polo CB Burela, xogaron : Fátima (1), Mar (19), Tania, Marta Cifu (6), Lucía Carabán (11), Marga (11), Adela (6) e Celia (6).  19 faltas eliminada Marga min.42  

   Gran victoria nun xélido pabillón de Balaídos, cun longo desprazamento (540 kms.) que permite ás nosas alcanzar a parte media da clasificación coas mesmas victorias que o 4º clasificado e unha victoria menos que as segundas clasificadas. Enorme o mérito das nosas xogadoras que coa base do equipo da pasada temporada compiten con todos os equipos da liga.

jueves, 8 de enero de 2015

A XORNADA (equipos federados): 10 /11 xaneiro

    Primeira xornada do 2015 con interesantes encontros :
  • Senior feminino, coa visita ó Seis do Nadal de Vigo, reedición da final de 2ª división do pasado 2014. O equipo de Rubal viaxa o sábado 10 (16h) a Vigo para intentar competir como nas anteriores xornadas aínda que ten varías dúbidas no plantel para viaxar.
  • Senior Masculino 3ª, coa visita ó colista Augas santas Ribadeo nun derby que de seguro será moi emocionante. Os de manolo terán unha moi boa oportunidade de certificar a súa meloría e trer a Burela unha nova victoria. será o domingo 11 ás 5 da tarde en Ribadeo.
  • Junior Masculino, recibindo ó CB Ribadeo, ó que xa venceu a domicilio e voltar a ter máis victrias que derrotas. A volta de Cristhian  será a mellor noticia neste primeiro partido da segunda volta. Será o sábado 10 ás 18h en Burela (Mte. Castelo).
  • Cadete Feminino, o equipo de Madar descansa ó ser un grupo impar.
  • Infantil Masculino, o equipo de Rogelio e Madar recibe ó EStudiantes 2001 , domingo 10.30h, que aínda non coñece a victoria, para afianzar a terceira posición e xogarse na vindeira xornada a segunda posición diante Celtas martínez en Foz.
  • Infantil Feminino, o equipo de Madar recibe ó Estudiantes 02 o domingo (12h) para seguir na estela de Ensino Salesianos na cabeza do grupo. É unha verdadeira oportunidade de sumar outra victoria diante dun equipo que só coñece a derrota na liga.
  • Benxamín masculino, descansda para preparar a visita a Lugo da seguinte xornada.
  SORTE A TODOS

miércoles, 7 de enero de 2015