XORNADA DESIGUAL
Despois dun fin de semana xon pouca actividade, o CB Burela consigueu victorias en categoría infantil e dúas derrotas en junior e senior masculino.
- Gran victoria das infantís diante dun Estudiantes de Lugo moi limitado, cun tanteo final 47-15. As de Madar dominaron o partido de principio a fin e chegan na xornada 6 ó liderato compartido co Hotel Bouza Ribadeo (o Ensino Salesianos ten un partido menos disputado). A seguinte xornada visitan Lugo (sábado pola tarde, 16 h.) ó potente e candidato ó título Ensino Salesianos.
- Victoria esperada dos infantís de Rogelio diante do Estudiantes 59-37, no que os nosos gañaron por ter mellores xogadores pero que deben mellorar o xogo colectivo. Diego Pardo liderou o ataque local ben axudado por Julián, Alex e Ángel. A vindeira xornada se xogarán a segunda praza da liga en Foz diante do Celtas Martínez, pois o liderato está desde fai tempo nas mans do Hotel Bouza de Ribadeo.
- Derrota moi abulatda dos juniors diante do Hotel Bouza de Ribadeo en Burela (39-66) no peor partido dos nosos. Despois dun primeiro cuarto esperanzador (12-11) os nosos viñéronse abaixo, sen rebote nin dirección na pista, polo que os visitantes engordaron a diferencia moi por encima da diferencia real entre os equipos. Cristhian e Miguel foron os mellores en ataque aínda que o máis destacado foi Damián . A vindeira xornada non terá partido pola petición de aprazamento do Galén lucense (xogarán o 14-2). Na clasificación o equipo segue na cuarta posición empartado co propio Galén, polo que deberá poñerse as pilas para asegurarse praza de paly-off polo título.
- Derrota dos seniors en Ribadeo diante do CB Ría de Ribadeo 62-55 nun mal partido dos de Manolo que non tiveron opcións durante os 40 minutos. A falta de dirección e calma no xogo de ataque e os despistes defensivos lastraron ó noso equipo. Con todo o final do partido rematou cunha diferencia que nos debe dar esperanzas de victorias na segunda volta. Jacobo con 16 puntos e randy con 13 lideraron ó CB Burela.