lunes, 26 de enero de 2015

Un mal terceiro cuarto condena ás senior en Coruña

Derrota das senior en Coruña

  Último partido da 1ª volta da 1ª Autonómica Feminina e derrota das nosas diante de A.D. Calasancias por 59-48 no Pabillón de RiazorII. O equipo local era un gran adversario para as nosas ó estar clasificado en segundo lugar cunha victoria máis que o CB Burela, e as nosas intentaban acadar a cuarta victoria consecutiva.  O equipo de XM Rubal partía cunha rotación moi escasa pola ausencia das juniors vinculadas do CB Viveiro (por incompatiblidade de horarios), Salo e  da lesionada Lucía Paz que cumple as últimas etapas da sús longa recuperación. Polo tanto 8 xogadoras diante dun equipo moi físico sería unha complicación aínda maior.

Tania Paleo
  O partido foi moi igualado na primeira parte, onde as ventaxas foron escasas, rematando o primeiro cuarto 15-14 para as locais pero coa mala noticia da recaída da lesión de nocello de Lucía Carabán mo minuto 8 do partido, polo que xa non iba a participar máis no xogo. O segundo cuarto foi moi positivo para as nosas e a aportación de Margarita fixo conseguir unha máxima renda de 5 puntos (19-24) gracias ás variantes defensivas e ás transicións aínda que un arreón local volvía a igualar o partido 28-27. 

  A segunda parte foi moi distinta cun terceiro cuarto moi malo para as nosas e un acerto brutal das coruñesas desde a liña de 3 puntos (6 triples, 5 seguidos) o que disparou o marcador ata un casi decisivo 50-36 ó final do cuarto. A volta á defensa individual permiteu rebaixar a diferencia a 8 puntos pero o cansancio non fixo perigar a victoria das locais.

Marga, 20 ptos, en Coruña
  Destacou Margarita, cada vez máis entonada nesta liga, o esforzo de Marta Cifu e a aportación por dentro de Tania , que despois de varios anos sen xogar volve a disfrutar na cancha.

  Na parte negativa , a lesión de Lucía e os erros defensivos en segundas axudas, que deberán correxirse de inmediato.

  Polo CB Burela xogaron: Marta A., Mar 4, Laura, Tania 6, Lucía C.4, Marta Cifu 10, Margarita 20 e Adela 4.   13 faltas , eliminada Mar (min.38)     Parciales  15-14/13-13//22-9/9-12

 Na clasificación voltamos a caer ó sexto posto (empatadas coas quintas) e a vindeira semana iniciamos a segunda volta diante do lider Universitario de Ferrol no pabillón de Esteiro (domingo 17h.).

  Unha vez rematada a 1ª volta a bagaxe é moi positiva, competindo cara a cara con todos os equipos e para un equipo debutante con marxe de mellora , é unha clasificación moi meritoria, xustificando o esforzo persoal de xogadoras, técnico e clube para competir nunha liga na que demostramos cada fin de semana que é a nosa.
CLASIFICACIÓN DA 1ª VOLTA DA 1ª AUTONÓMICA