Resultados positivos dos máis pequenos
Nova xornada para aas categorías inferiores do CB Burela e resultados adversos dos máis grandes e moi positivos do máis pequenos.
- Junior masculino, coa derrota diantes do líder do grupo AXSC Innova Construcciones en Lugo por 72-50, derrota que entraba dentro do previsto e que sirve para empezar a volvar a coller o ritmo despois de varios resultados moi adversos. Os vindeiros partidos contra Monforte, Chantada e Galén poden darlle ó equipo de Manolo a clasificación para a fase do título, se manteñen a cuarta praza.
- Infantil masculino, derrota en Foz dos de Rogelio 39-31, despois dun inicio fatal onde chegaron a ter ata 21 puntos de desventaxa. O último cuarto deixou ver as posibilidades do equipo e deixou a diferencia final en 8 puntos. Partido moi parecido ó da 1ª volta e no que a superioridade física dos focenses volveu a ser decisiva. De todas formas o equipo rematou a 1ª fase en terceira posición e xogará a fase do título diantes dos de Foz, o CB Ribadeo, Cidade de Lugo, Estudiantes 02 e AXSC de Lugo.
Clasificación final infantil masculina do grupo Norte - Infantil feminino, coa dolorosa derrota en Ribadeo 45-43, despois dunha prórroga, nun partido no que as nosas tiveron a posesión para levarse a victoria. Quedan en terceira posición da liga e as de Madar rematarán a liga dentro de 15 día recibindo ó CB Viveiro nun partido sen trascendencia na clasificación final.
- Alevín masculino, con victoria clara no Pabillón Monte Castelo diante do CB Viveiro 61-45.
- Alevín feminino, coa derrota inesperada en Burela diante do CB Viveiro 24-58, na que non tiveron opcións as nosas nun moi mal partido. Dolorosa derrota diante dun rival ó que se lle gañou con anterioridade e pola diferencia final no marcador.
- Benxamín masculino federado, cunha victoria moi clara en Lugo diante Estudiantes Vermello 18-68. Os de Lolo pecharon a acta ó superar os 50 puntos de ventaxa e siguen en segunda posición na liga.
- Benxamín feminino, con derrota en Burela diante o CB Viveiro 21-27, no que as de Margarita sempre se mantiveron no partido pero sempre teñen o hándicap de competir con equipos mixtos.
- Benxamín masculino escolar, victoria en San Cibrao contra as Escolas Deportivas locais 30-48
- Prebenxamín, con victoria en Xove 40-46, un impulso de moral para seguir adestrando e vendo as melloras dos máis pequenos.