As senior firman o seu peor partido
Mal viaxe das senior a Ferrol onde disputaron diante do líder o seu peor partido das últimas temporadas e encaixaron unha mersida derrota por un abultado 58-27.
As baixas de Marta Álvarez e ,sobre todo, a de Lucía Carabán por lesión (esguince de nocello) lastraron ás nosas que só plantarpn cara durante os primeiros 10 minutos do partido.

As ferrolanas, cun scouting previo do noso equipo en Coruña, sabían que un alto ritmo defensivo castigaría a rotación do noso equipo e castigaron ás titulares cunha defensa dura e un ataque implacable que abreu diferencias antes do descanso (28-11) despois do colapso total do ataque das de Rubal (só unha canastra en xogo no 2º cuarto).
A segunda parte debía ser un tempo para a reacción das nosas que en defensa non desentonaban pero que fallaban moito en tiros claros e nas perdas de balón (¡¡27 en todo o partido!!), polo que as ferrolanas aumentaban a diferencia cada minuto (44-17, min 30) para chegar a superar os trinta puntos no final do partido.
![]() |
Adela |
As claves de esta derrota tan abultada diante dun equipo co que se compiteu en Burela foron varias: a falta de acerto no tiro, as perdasde balón de pases fáciles, o desánimo do equipo despois do segundo cuarto que, sumado a enfrentarse a un equipo moi ben preparado tanto en defensa como en ataque que está a dominar a categoría, foron factores que sumaron en contra dos intereses das nosas xogadoras.
Aparte se debe reseñar a labor arbitral, que deixaba a unha defensa moi forte e de contacto só con 13 faltas(4 na segunda metade) e castigaba calquer contacto visitante con 23 faltas.
Non podemos destacar o bo xogo de ningunha das nosas xogadoras, pero tanto a capi Marta como a castigadísima Adela pelexaron con gran corazón todo o partido.
Polo CB Burela xogaron: Fátima, Mar (5), Laura, Tania, Celia (4), Marta Cifu (9), Margarita (2), Adela (7) e Salo. 23 faltas 9-7/19-4//16-6/14-10
Agora toca parón por xornada de descanso e outra xornada sim partido polo Entroido para recibir ó Arxil de Pontevedra o vindeiro 22 de febreiro. Toca descansar, recuperar lesións e golpes, traballar nos adestramentos. sufrir adestrando para volver a disfrutar nos partido de bo xogo e mellores resultados.
Na clasificación, mantemos o sexto posto, con 4 victorias e 5 derrotas