Pleno de victorias dos equipos de base
Nova xornada para os equipos de base do CB Burela e pleno de victorias para os nosos :
LIGAS FEDERADAS
Junior masculino. Gran victoria dos junior en Chantada, despois de disputar unha prórroga 58-60. Importantísima pois deixa ós nosos a unha victoria de acadar a cuarta praza da liga, cun importantísimo partido contra Galén (5ºclasificado) o vindeiro sábado 14 en Burela (12h).
Esta victoria na prórroga foi sustentada pola aportación en ataque de Cristhian e Miguel e coa colaboración defensiva de todos os xogadores, sobrepoñéndose a un triple forzadísmo a tabla para forzar a prórroga dos chantadinos e xogando con intelixencia no tempo extra para asegurar a victoria.
![]() |
Equipo infantil en Lugo |
Infantil masculino. Outra gran victoria dos de Rogelio en Lugo (no Pazo Provincial ademáis) 34-51 contra Cidade de Lugo , no que despois dun inicio dubitativo (empate a 23 no segundo cuarto) a defensa e a boa toma de decisións ofensivas levou ós nosos a borrar ós locais cun parcial demoledor de 0-14. O último cuarto, de trámite, sirveu para repartir minutos entre os dez xogadores desprazados.
Máis mérito para este equipo é que o equipo rival era o primeiro clasificado da liga Sur.
Destacaron Diego e Juli polos nosos dentro dun nivel bastante alto.
A vindeira xonada inclúe un novo desprazamento a Lugo para xogar co Sagrado corazón 8dentro de 15 días.
![]() |
Equipo infantil en Burela |
![]() |
Clasificación da 1ª faseda liga Norte |
![]() |
Clasificación Benxamín no grupo Norte |