sábado, 4 de abril de 2015
O Benxamín masculino, campión de liga federada
O Premini federado CAMPIÓN da liga Norte
![]() |
| Lolo Adestrador Premini CB Burela |
O equipo Benxamín A do CB Burela consigueu en Lugo rematar na primeira posición do grupo Note da Liga Premini de Lugo (federación, non escolar), conseguindo así outro novo fito para o noso clube e poder participar na fase do título provincial con moitas posibilidades de rematar nas primeiras posicións, optando ó titulo de mellor equipo da provincia de Lugo.
O grupo co seu adestrador Lolo á cabeza desprazábanse a Lugo para medirse co conxunto co que perderan en Burela no seu único lunar da temporada (Cidade de Lugo, invicto na liga). ademáis tiñan que remontar seis puntos de esa derrota para ter posibilidades de ser campións, e nun gran partido non só foron capaces de gañar senón que tamén conseguiron remontar a diferencia gañando por trece puntos en Lugo (46-59) polo que se proclamaron campións de liga.
Pero non foi fácil, a defensa preparada polos lucenses xunto coa permisividade arbitral fixo máis dificil o partido, cunha defensa propia das artes marciais sobre os nosos mellores xogadores, que se sobrepuxeron a esta presión e conseguiron esta brillante victoria.
![]() |
| Nico, Jorge Vivero, Dani, Antón, Fernando, Jorge Fanego Marcos, Joaquín, Pablo Alonso, Adrián e Diego Novoa |
![]() |
| Clasificación Liga Norte Lugo 2014/15 |
Agora toca coñecer ós mellores do grupo Sur, O Val do Lemos (imbatido), Galén e Maristas (de Lugo os dous), nunha fase polo título que parece moi interesante e competida.
Podes ver a clasificación no cadro da esquerda.
x
COPA DEPUTACIÓN: Mala sorte para as infantís e cadetes
Copa Deputación : os infantís subcampións
O pasado domingo disputouse a Copa Deputación de Lugo para as categorías infantil e cadete, coa presencia por parte do CB Burela dos equipos infantis Masculino e feminino e o equipo cadete feminino, aportando á copa un total de 38 deportistas de estas categorías. A sorte foi esquiva co equipo infantil feminino, equipo masculino cumpreu coas espectativas e as cadetes non tiveron o mellor día diante de equipos máis completos.
- Equipo cadete feminino, con Madar ó frente e dúas derrotas diante do Sup. Claudio de Lourenzá (13-23) e do CB Sarria (12-41), quedando fora das semifinais. O equipo de Lourenzá coa súa defensa zonal non deixou que brillasen as individualidades do noso equipo e o equipo de Sarria foi moi superior (é o campión provincial). Ademáis a nova máis triste foi a lesión de Paula (un golpe moi forte nas costelas) que necesitou atención médica e que se perde varias semanas de competición e torneos.
- Equipo Infantil feminino, con moi mala sorte pois merecían algo máis polo seu esforzo e valentía durante os dous partidos da primeira fase, perdendo por escaso marxe diante do Ensino Vermello (18-21) e do Estudiantes (18-20), quedando fora das semifinais. Un pouco de sorte levaría ás nosas a semifinais ou máis arriba pero as de Madar volven para Burela con dúas derrotas pero coa cabeza moi alta e orgullosas do esforzo realizado.

CB Burela Infantil nun partido no Pazo dos Deportes de Lugo - Equipo Infantil Masculino, nunha competición moi reducida gañaron a Hierros Ferreiro (47-32), nun partido matinal no que só con chispazos individuais chegou para gañare pola tarde perderon co Hotel Bouza Ribadeo (45-69), nun partido que aguantaron no primeiro cuarto pero que os rivais aproveitaron un baixón dos nosos para irse 20 puntos arriba e ser campións. Mellores sensacións do equipo de Rogelio diante do equipo dominadorde esta temporada ó que lles gañaron algún cuarto. As ausencias (só 8 xogadores dispoñibles) non deben ser escud¡sa para o seu rendemento.
miércoles, 1 de abril de 2015
COPA DEPUTACIÓN (1ª parte): Os Preminis campións en masculino e feminino
Os dous preminis gañan a Copa Deputación
Fin de semana intenso para o CB Burela coa disputa da Copa Deputación de Baloncesto Base. Na categoría de Minibasket (ata os 12 anos) a sede foi Ribadeo (con mois boas e novas instalacións adicadas ó basket) e participaban 4 equipos (1 alevín mixto: Mini e 3 benxamíns: Premini) e foi todo un éxito para o noso clube coa victoria dos conxuntos participantes en categoría premini. Destaca o feito de que era a representación de premini máis importante do evento.
En categoría Premini masculino o equipo A de Lolo gañou de forma brillante a competición, gañando con amplos marxes e coa participación de todos os nenos desprazados a Ribadeo, destacando de forma individual a aportación de Antón Expósito e de Diego Novoa . Os nosos gañaron a Maristas de Lugo (72-30), ó CB Viveiro (54-18) e na final ó Hotel Bouza Ribadeo (74-38). Unha nova alegría para este equipo que quedou na primeira posición da liga provincial no seu grupo Norte, e que vai iniciar a fase decisiva polo título provincial despois das vacacións de Semana Santa.
En Cambio o equipo B tamén con Lolo ó frente non pasou da primeira ronda porque está formado por xogadores de primeiro ano e xogadores de iniciación (6 e 7 anos), tendo que medirse na cancha con nenos que lles levaban ata 3 anos, cunha diferencia física moi grande. Pero Alvaro, Nico, Raúl, Pablo, David e Gabriel competiron e xa deron pinceladas do que poden dar no futuro.
En Premini feminino, as nosas dirixidas por Margarita gañaron unha final moi reñida a Estudiantes de Lugo por 29-26. Un partido cun inicio explosivo das nosas (14-2) que se igualou pero no que as de Marga non deixaron escapar nun frenético final . Destacou Nuria nas nosas, e a participación de Henar sendo aínda xogadora de iniciación. Na foto da esquerda se pode ver a todo o grupo celebrando a victoria coa copa e as camisetas de agasallo por parte da Deputación, cun gran ambiente no equipo que se ve nos seus grandes sorrisos.
Un éxito para a base do noso clube, no que debemos destacar ós xogadores/as, adestradores/as e pais e nais que fan que o baloncesto exista en Burela e que nos depare éxitos como os de Ribadeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





