lunes, 31 de mayo de 2010

¡COMPRICASE A COUSA!

Mal partido o disputado polas nosas rapaz@s na tarde do domingo na capital herculina. A falta de acerto no tiro e a defensa en zona que plantexou o equipo local dende case que o principio fixo que se perdera o partido por 24 puntos de diferenza, sendo o resultado final 46-22.
De novo toca remontar, pero nesta ocasión antoxase máis compricado, pero confiamos en que as nosas rapazas se van a deixar a pel na pista e facer todo o posible para conseguilo.
O partido de volta xogarase o vindeiro sábado ás 12h. do mediodía no pavillón Vista Alegre e a pesar da festividade local esperamos que a xente se acerque ao pavillón a animar as nosas xogadoras.
Por parte do CB Burela xogaron Laura Claro, Araceli, Lucía, Laura Chao, Irene, Ana, Tania Paleo e Vicky.

¡SORTE RAPAZ@S!

miércoles, 26 de mayo de 2010

¡PRIMEIRO ASALTO!

Xa temos confirmada a hora da disputa do primeiro partido da finalísima da Copa Galicia. Será o vindeiro domingo ás 18h. en terras coruñesas. As nosas rapazas viaxarán con toda a ilusión do mundo e tratarán de colleitar un resultado positivo que lles permita afrontar o partido de volta con tranquilidade e con opcións de facerse có título.

¡MOITA SORTE RAPAZ@S!

domingo, 23 de mayo de 2010

¡QUE PASE O SEGUINTE!

Obxetivo conseguido. Ao final as rapazas de Marco e Manolo conseguiron impoñer a súa superioridade como locais e remontar os seis puntos de desvantaxe que traían de partido de ida e facer posible o soño de disputar por primeira vez a final da Copa Galicia.
O partido daba comezo ás 12 h. do mediodía cun gran ambente nas bancadas que non pararon de animar durante todo o partido.
Xa dende o principio as xogadoras burelás marcaron o ritmo do partido e conseguían amplas diferenzas no marcador que as clasificaban, de forma provisional, para a final.
Nos dous primeiros cuartos temos que destacar a gran defensa e o acerto anotador das rapazas de Marco Justo, o que fixo que ao descanso se fosen xa con quince puntos de ventaxa. As xogadoras viguesas non foron quen de superar a excelente defensa e ao descanso só foran capaces de anotar vinte puntos.
Tralo descanso, e co temos na bancada ao fatídico terceiro cuarto que non lles senta demasiado ben as nosas rapazas, reanudouse o partido e dito e feito, todo o que antes entraba agora non e xunto ás numerosas perdas de balón fixo que o Celta Baloncesto conseguise reducir diferenzas e e deixar a vantaxe obtida en tan só tres puntos.
Veulles ben o minuto de descanso as nosas rapazas porque volveron a recargar as pilas e facerse outra vez có mando do partido, chegándose á súa conclusión cunha diferenza de vinte puntos, 64-44.
Agora a seguir adestrando e a preparar a final contra o potente Basket Coruña e que se xogará tamén a dobre partido, sendo o primeiro en terras coruñesas e o segundo en Burela(as datas e horarios están pendentes de confirmar).
Por parte do CB Burela xogaron Laura Claro, Araceli, Lucía, Laura Chao, Irene, Raquel, Tania Paleo e Vicky.

¡NORABOA RAPAZ@S!

jueves, 20 de mayo de 2010

¡A REMONTADA É POSIBLE!

Trala disputa do partido de ida en terras pontevedresas e logo de caer derrotadas por seis puntos de diferenza toca xogar o partido de volta na casa e arroupadas pola afección, no que esperemos que se consiga a ansiada remontada e as rapazas de Marco e Manolo se clasifiquen por primeira vez para a disputa da final da Copa Galicia. O partido será o sábado 22 ás 12h no pavillón Vista Alegre.

¡MOITA SORTE RAPAZAS!