domingo, 23 de mayo de 2010

¡QUE PASE O SEGUINTE!

Obxetivo conseguido. Ao final as rapazas de Marco e Manolo conseguiron impoñer a súa superioridade como locais e remontar os seis puntos de desvantaxe que traían de partido de ida e facer posible o soño de disputar por primeira vez a final da Copa Galicia.
O partido daba comezo ás 12 h. do mediodía cun gran ambente nas bancadas que non pararon de animar durante todo o partido.
Xa dende o principio as xogadoras burelás marcaron o ritmo do partido e conseguían amplas diferenzas no marcador que as clasificaban, de forma provisional, para a final.
Nos dous primeiros cuartos temos que destacar a gran defensa e o acerto anotador das rapazas de Marco Justo, o que fixo que ao descanso se fosen xa con quince puntos de ventaxa. As xogadoras viguesas non foron quen de superar a excelente defensa e ao descanso só foran capaces de anotar vinte puntos.
Tralo descanso, e co temos na bancada ao fatídico terceiro cuarto que non lles senta demasiado ben as nosas rapazas, reanudouse o partido e dito e feito, todo o que antes entraba agora non e xunto ás numerosas perdas de balón fixo que o Celta Baloncesto conseguise reducir diferenzas e e deixar a vantaxe obtida en tan só tres puntos.
Veulles ben o minuto de descanso as nosas rapazas porque volveron a recargar as pilas e facerse outra vez có mando do partido, chegándose á súa conclusión cunha diferenza de vinte puntos, 64-44.
Agora a seguir adestrando e a preparar a final contra o potente Basket Coruña e que se xogará tamén a dobre partido, sendo o primeiro en terras coruñesas e o segundo en Burela(as datas e horarios están pendentes de confirmar).
Por parte do CB Burela xogaron Laura Claro, Araceli, Lucía, Laura Chao, Irene, Raquel, Tania Paleo e Vicky.

¡NORABOA RAPAZ@S!