sábado, 15 de mayo de 2010

¡DERROTA NA COPA GALICIA!

Toca remontada. Tralo partido disputado polas nosas rapazas hoxe á mañá en Vigo teremos que xogarnolo todo a unha carta no partido de volta que se xogará no pavillón Vista Alegre de Burela a vindeira fin de semana. Logo dun partido moi disputado por ambolos dous equipos o equipo local ,Maristas Celta Vigo, impúxose por 58-52 ao noso equipo junior feminino. Agora toca afinar a puntería e conseguir superar eses seis puntos de desventaxa que nos permitan clasificarnos por primeira vez para a final da Copa Galicia.
Por parte do CB Burela xogaron e anotaron Vicky (7 ptos.), Irene (8 ptos.),Laura Chao (7 ptos.), Laura Claro (6 ptos.), Lucia (9 ptos.), Araceli (15 ptos.) e Ana.

¡ÁNIMO RAPAZAS!