lunes, 10 de mayo de 2010

¡RESULTADOS FASES FINAIS PROVINCIAIS!

Non nos acompañou moito a sorte nas fases finais dos campionatos provinciais que se disputaron a pasado fin de semana en Lugo, xa que ningún dos nosos equipos consigueu plantarse na final e optar ao título. As rapazas do alevín feminino, adestradas por Laura Chao, tiveron que conformarse co 4º posto e os rapaces do alevín masculino, adestrados por Lolo, conseguiron impoñerse ao Maristas no partido polo terceiro e cuarto posto e acadar o 3º posto da súa categoria. Os partidos disputáronse no Anexo 1 e 2 do Pazo Municipal dos Deportes e os resultados foron os seguintes:

-Categoría Alevín Masculino:

Semifinal: Estudiantes de Lugo 79 - CB Burela 75 (Despois da prórroga)

3º e 4º posto Maristas 46 - CB Burela 59

-Categoría Alevín femenino:

Semifinal: María Auxiliadora 66 - CB Burela 33

3º e 4º posto CB Burela 45 - Estudiantes de Lugo 69