lunes, 10 de mayo de 2010

¡VICTORIA DO JUNIOR!

Ao final consigueuse o obxectivo. As nosas rapazas do equipo junior desprazáronse o sábado cara terras pontevedresas para pernoctar alí e xogar o día seguinte o partido de volta de cuartos de final da Copa Galicia. Parece que a estancia alí lles sentou de forma inmellorable xa que saíron á pista e non se deixaron impresionar por nada e derón un golpe de efecto colleitando tamén a victoria na pavillón do Seis do Nadal. As rapazas de Marco impuxéronse por 50-53 e conseguiron o pase ás semifinais, a espera de coñecer o seu rival.
Por parte do CB Burela xugaron Tania Paleo, Vicky Cuba, Araceli Palmeiro, Laura Claro, Laura Chao, Lucía Paz, Irene Fernández e Ana.

¡NORABOA RAPAZAS!