jueves, 28 de febrero de 2013

PESCADOS RUBÉN, novo patrocinador do CB Burela

Pescados Rubén colabora co CB Burela como patrocinador

 
     Boas novas para o CB Burela co acordo coa empresa Pescados Rubén  para que sexa a partir de agora o seu novo patrocinador.
 
    Este luns se sellou o acordo de colaboración entre o noso clube e a empresa punteira na costa Pescados Rubén e será o patrocinador do noso clube a partir do presente mes de marzo.Non debemos esquecer o interés amosado sempre por esta empresa da Mariña polo deporte local e para o CB Burela debe ser un paso máis na consolidación das categorías base e dos equipos que compiten en ligas da Federación Galega de Baloncesto.
Directivos e adestradores do CB Burela cos representantes de PESCADOS RUBÉN
 

      Esperamos que a colaboración con esta empresa sexa positiva e duradeira  e anime a outras empresas a colaborar co noso clube que traballa co deporte de base  como elemento fundamental da educación dos nenos/as e adolescentes.

Nova xornada para o CB Burela

Xornada do 2/3 marzo para os nosos

 
   Nova xornada do CB Burela para este sábado día 2 de marzo noq ue disputaremos os seguintes partidos:
  • Benxamín Mixto contra Mtnez. Otero en Foz, unha auténtica final para os/as de Manolo onde se disputarán as opcións de seguir como líderes invictos da liga da costa.
  • Alevín masculino, cunha doble xornada , en Foz contra Mtnez Otero o alevín A (2001) e contra os líderes CB Ribadeo o alevín B (2002), coa incognita do seus resultados pola irregularidade das últimas xornadas.
  • Infantil masculino contra Mtnez. Otero en Burela, coa esperanza de darlle a volta ó  adverso resultado da ida en Foz e pelexar por quedar nas primeiras posicións.
  • Infantil feminino, coa volta do enfrentamento entre os dous equipos nosos , que tentarán demostrar á bancada os seus progresos.
  • Cadete feminino, co partido aprazado diante o Celtas de Foz , pendente de nova data .
  • Senior feminino, co importante choque diante Sta. María del Mar , o sábado pola tarde (16h.) en Vista Alegre coa sana intención de tentar seguir na primeira posición e manter a racha de oito victorias consecutivas.
Podes agrandar a imaxe

martes, 26 de febrero de 2013

SENIOR : Líderes en solitario

O senior feminino acada o liderato

     Moi boas novas para o noso equipo Senior Feminino, despois da xornada 16 acada o liderato con 12 victorias e 3 derrotas. As oito xornadas sen perder levan ás nosas xogadoras á primeira posición para un equipo de nova creación onde a mistura de xogadoras veteranas, juniors de CB Burela de fai 4 anos e as actuais juniors (5) nos da un presente moi positivo e unhas perspectivas de futuro aínda máis esperanzadoras.
Clica na imaxe para facela máis grande
     O vindeiro sábado día 2 ás 16h. empezaremos a defender a nosa privilexiada posición diante dun rival moi duro (Sta. María de Mar de A Coruña) e necesitaremos todo o apoio da grada para dar un paso máis na nosa traxectoria e deixar a este equipo máis abaixo na clasificación.

domingo, 24 de febrero de 2013

SENIOR Fem.: Seguimos en racha

Octava victoria seguida das senior

   Nova xornada da 2ª división feminina FGB e nova victoria (12 victorias e 3 derrotas) a domicilio das nosas diante dun peleón Laracha, moi mellorado con respecto á primeira volta .
    O inicio do partido por parte das nosas foi moi frío (como a temperatura do Pabillón) e despois de cinco minutos dominaban as locais por 8-5. Tempo morto e cambio de chip en defensa e circulación de balón e parcial de 9 a 0 para o CB Burela que xa poñía as cousas no seu sitio para rematar o cuarto cunha pequena diferencia de 15-19. Moi bo o segundo cuarto das nosas e parcial de 12 a 23 que xa deixaba clara a diferencia no marcador no descanso 27-42. 
     Despois do descanso o noso equipo despregou o seu mellor xogo con gran defensa, transicións rápidas e bos ataques á eterna zona local polo que xa quedou resolto definitivamente o partido 32-57. No último cuarto sirveu para probar a competitividade do noso quinteto junior que salvou con nota a proba gañando o cuarto por 9-14 e resultado final de CB Laracha 41 - CB Burela 71.
Miriam, estelar, con 20 puntos


   Destacaron todas as xogadoras, con un gran esforzo defensivo e unha melloría no acerto exterior con respecto ós primeiros partidos de liga, cunha rotación amplia e de calidade que fai que o nivel de xogo se manteña durante todo o partido.
    Xogaron:  Melani, Carla (5), Mar (14), Lucía (3), Marta (6), Claudia (7), Margarita (10), Irene F. (2), Miriam (20), Sol (2) e Irene M. (2).
    Tanteo :  15-19  /  12- 23  /  5-15  / 9- 14     -  8 faltas (sen eliminadas)

   A vindeira semana visita Burela o Sta. María del Mar de A Coruña, equipo co que estábamos empatados a victorias na cabeza da táboa, polo que será un partido importantísimo de cara a poder disputar o título ó final da temporada.