Octava victoria seguida das senior
Nova xornada da 2ª división feminina FGB e nova victoria (12 victorias e 3 derrotas) a domicilio das nosas diante dun peleón Laracha, moi mellorado con respecto á primeira volta .
O inicio do partido por parte das nosas foi moi frío (como a temperatura do Pabillón) e despois de cinco minutos dominaban as locais por 8-5. Tempo morto e cambio de chip en defensa e circulación de balón e parcial de 9 a 0 para o CB Burela que xa poñía as cousas no seu sitio para rematar o cuarto cunha pequena diferencia de 15-19. Moi bo o segundo cuarto das nosas e parcial de 12 a 23 que xa deixaba clara a diferencia no marcador no descanso 27-42.
Despois do descanso o noso equipo despregou o seu mellor xogo con gran defensa, transicións rápidas e bos ataques á eterna zona local polo que xa quedou resolto definitivamente o partido 32-57. No último cuarto sirveu para probar a competitividade do noso quinteto junior que salvou con nota a proba gañando o cuarto por 9-14 e resultado final de CB Laracha 41 - CB Burela 71.
Miriam, estelar, con 20 puntos |
Destacaron todas as xogadoras, con un gran esforzo defensivo e unha melloría no acerto exterior con respecto ós primeiros partidos de liga, cunha rotación amplia e de calidade que fai que o nivel de xogo se manteña durante todo o partido.
Xogaron: Melani, Carla (5), Mar (14), Lucía (3), Marta (6), Claudia (7), Margarita (10), Irene F. (2), Miriam (20), Sol (2) e Irene M. (2).
Tanteo : 15-19 / 12- 23 / 5-15 / 9- 14 - 8 faltas (sen eliminadas)
A vindeira semana visita Burela o Sta. María del Mar de A Coruña, equipo co que estábamos empatados a victorias na cabeza da táboa, polo que será un partido importantísimo de cara a poder disputar o título ó final da temporada.