RESULTADOS (base) e CLASIFICACIÓN(senior)
Nova xornada para a base do CB Burela con sorte desigual pois tivemos unha victoria e outra derrota.
En Benxamín Mixto, o equipo de Manolo Cobas sigue a súa marcha victoriosa cunha nova victoria en Foz diante o Martínez Otero. Seguimos líderes e con moitas opcións de gañar a liga escolar .
Peor lle foi ó infantil feminino que perdeu diante do CB Viveiro en Burela por 12 puntos, aínda que a melloría do xogo das nosas é evidente e , de seguir esta liña, as victorias non tardarán en chegar.
En alevín feminino, o CB viveiro solicitou a última hora o aprazamento do partido, polo que deberemos buscar un día para disputar este partido en Burela.
En canto á clasificación das nosas senior, boas noticias, aas dúas victorias do fin de semana levan ó equipo a ocupar o liderato da liga de forma circunstancial (temos unha xornada máis disputada), e cando se disputen os partidos do fin de semana estaremos , de seguro, entre as 3 primeiras prazas.
Clasificación e calendario da 2ªSenior Feminina na web da Federación Galega de baloncesto |