sábado, 23 de febrero de 2013

Nova xornada da nosa canteira

Resultados da base (23 febreiro)

  Unha vez rematada a xornada de deporte escolar tivemos resultados favorables e desfavorables nos cinco partidos que tivemos que xogar a domicilio.

   En benxamín non tivemos xornada e o equipo ten unha excelente traxectoria na liga e vai ser un claro favorito ó triunfo final da liga da costa.
   En alevín masculino, o equipo B (2002) sufreu unha inesperada derrota diante do CB Viveiro (22-20), e suma a súa segunda derrota na liga. Un mal inicio (8-0 no primeiro cuarto) e un xogo irregular lastraron ós nosos xogadores no marcador. A base de defensa conseguiron igualar o partido pero as precipitacións en ataque, os erros de tiros lobres (0/10) e a falta de xogo colectivo lle deron esta mínima ventaxa ós locais.
   Os alevíns A (2001), deron a gran sorpresa derrotando ó superfavorito CB Ribadeo en Ribadeo por 46-51, nun enorme partido en defensa e un ataque baseado no xogo de equipo que nos da ilusións de cara ós partidos que quedan. Lamentablemente este partido non contará como victoria por non ter os 8 xogadores necesarios para xogar.
     Tamén as alevíns nos deron unha alegría en Viveiro cunha victoria doada (15 puntos arriba) que reforza a súa moral e lles dará forzas para traballar nos adestramentos e poder ser máis competitivas no tramo final da súa liga.
Lolo nun tempo morto en Vista Alegre coas infantís

     Derrotadas saíron tamén de Viveiro ás infantís femininas (40-24) a pesar do bo inicio e seguen nun alarmante bache de resultados, do que deben saír a base de traballo nos adestramentos, esforzo en defensa e tranquilidade no ataque, nun grupo que, de seguro, nos dará moi boas noticias na seguinte temporada (son a maior parte de 1º ano). Teñen aínda partidos para revertir a racha e pelexar polas victorias.
   Por último, os infantís masculinos perderon parte das posibilidades de gañar a liga nun mal partido en Ribadeo (42-27), no que tamén perderon o basketaverage cos ribadenses. As baixas de angel e Alex e o desacerto no tiro fixeron ir sempre por detrás ós de Manolo e non tiveron opcións de pelexar polo partido. Boa temporada de este equipo co que ninguén contaba pero que nos fai pensar nun futuro do basket masculino en Burela.