Sigue a racha das senior
Despois do disputado partido do sábado, o equipo feminino do CB Burela recibía na tarde do domingo ó CB Cambre, equipo da zona media que podía aproveitar o cansancio das locais, pero que ó final tampouco foi rival das burelesas que gañaron cunha diferencia grande (70-33).
O partido iniciouse de forma positiva para as locais (10-2) pero os triples das visitantes levaron o primeiro cuarto a unha diferencia mínima (14-12). O inicio do segundo cuarto as imprecisións das nosas fixeron que as visitantes estivesen por arriba no marcador pero a intensidade defensiva local volveu a darlle un bo marxe no descanso (30-20).
As nosas en defensa |
As visitantes (só viaxaron 6) tiñan que notar a falta de rotación e as faltas polo que o partido xa se rompeu cun parcial de 16-6 para encarar o último cuarto que xa foi un paseo para as nosas (24-7).
Xogaron : Melani (2), Mar (16), Carla (15), Lucía (7), Marta (6), Claudia (4), Margarita , Miriam (14) e Irene M (6). 17 faltas (sen eliminadas).
O CB Burela remata este fin de semana reforzado na súa moral e xogo e descansarán a vindeira xornada (Entroido) para recibir na seguinte ó ADFRO coruñés coa ilusión de continuar a racha de victorias (6 consecutivas).