lunes, 27 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Victoria para pechar a liga

Final da liga para as senior con bo sabor de boca


     Último partido de liga para o CB Burela na súa primeira experiencia na 1ª Autonómica Feminina e o equipo de Rubal buscaba deixar un bo sabor de boca diante da nosa afición, despois dunha liga onde xa cumpriran os obxectivos varias xornadas atrás.
   Só a baixa de Marta Álvarez (desde xaneiro non participou) e co equipo ó completo buscaba a victoria diante o calasancias de Coruña, rival que rematou a liga en quinta posición (nós seremos sextas) e que nos derrotara no partido de ida por 11 puntos en Riazor.

  Despois dun inicio dubitativo, con varias perdas de balón, o xogo e o marcador eran igualados (15-12).
  Moitas faltas e moitos tiros libres quitabanlle brillo ó xogo pero  a emoción parecía asegurada cun partido moi igualado (31-26 ó descanso), o noso equipo non era capaz de sacar diferencias no marcador pola mala selección de tiro, pero en defensa estaba cumplindo , non deixando anotar con fluidez ás coruñesas.
O noso equipo celebrando a victoria e o final de liga:
   Despois dun inicio pouco acertado da segunda parte, as visitantes lograron acercarse con tres triples da súa exterior Nimo, pero as transicións do equipo de Burela e un novo impulso da súa defensa individual revertiron a dinámica negativa para seguir incrementando a diferencia , dinámica que sigueu no último cuarto coas nosas xa por encima dos 10 puntos de ventaxa. Os últimos minutos son para esquecer, pois o equipo contrario centrouse máis nos árbitros que no partido polo que a diferencia final quedou en 17 puntos.

  Non foi o mellor partido da temporada, pero unha victoria para rematar a liga sempre senta ben, destacando o xogo de conxunto do equipo, sen depender en ataque de nungunha xogadora e coa participación de todas as xogadoras dispoñibles. As máximas anotadoras foron Mar e Adela con 13 puntos.

Clasificación final da 1ª Autonomica Feminina 2014/15
  Na clasificación un sexto posto cumple sobradamente co obxectivo da temporada, pero nos queda un mal sabor de boca dos 7 partidos perdidos por unha diferencia menor de 5 puntos, e de ter sorte en algún de esos partidos poderíamos falar dunha clasificación moito mellor.

  O adestrador Rubal recalcou o mérito de cada xogadora en individual e da excelente química do grupo , que con moitísimo esforzo e moi poucos medios plantou cara toda a temporada a clubes clásicos do basket feminino galego. Tamén debemos agradecer a nosa  afición o seu apoio en cada partido.

   Agora toca descanso , recuperar lesións e golpes e preparar o final de curso da maior parte das xogadoras coa incertidume de poder seguir competindo o ano que ven nunha liga na que este equipo debe estar por calidade e traballo.

lunes, 20 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Derrota axustada en Santiago

As Seniors caen en Santiago nun final moi axustado

   Penúltima xornada da 1ª Autonómica e derrota en santiago diante de La Salle por un axustado 69-65, nun partido no que a pesar da derrota as nosas consiguen de forma matemática eludir as dúas últimas prazas da liga a falta dunha xornada.

   Como ven sendo habitual, ás baixas habituais de Marta A., e Salomé sumouse Laura Chao que non viaxou ó estar lesionada e cun total de 8 xogadoras na acta se iba a  afrontar este partido. Pero un novo infortunio se iba a producir, Marta Cifu, a nosa capitana e xogadora máis destacada nos últimos partidos, se resentía de problemas musculares no quentamento ,polo que só quedaban para xogar 5 seniors e dúas juniors.

    O partido empezou de forma igualada, e un triple final das locais reduceu a desventaxa de 4 puntos a un das nosas (19-21) . Neste primeiro cuarto Lucía con 8 puntos daba ritmo  e  lideraba ó equipo .
  O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).

   Un novo mal cuarto das nosas tanto en defensa como en ataque xunto co gran acerto local desde a liña de 6,75 disparaba as diferencias por encima dos dez puntos (59-49, min.30) o que facía perigrar a victoria e, incluso o basketaverage (o CB Burela gañou de 15 como local), polo que se necesitaba cambiar a dinámica no último cuarto, no que as de Santiago cun predominio do tiro exterior, chegaban a ter ata 12 puntos arriba.  Outro esforzo das nosas, rebaixando pouco a pouco  as diferencias , nos colocaba cun esperanzador 67-65 no último minuto pero dous tiros libres das locais sentenciaban o partido.

    Destacaron Lucía Carabán  (tres triplas de catro intentos)e Margarita en ataque (gran final de partido).

    Unha lástima, todo o gran esforzo realizado sin premio final, lamentando as  canastras fáciles falladas (ata 7 tiros que entran habitualmente non se meteron), con decisións arbitrais moi discutidas, pero outro partido para estar orgullosos do noso equipo. Tamén debemos resaltar o mérito do equipo local, cun xogo exterior moi acertado (10 triplas, casi 50 puntos das tres xogadoras exteriores máis destacadas).

   Xogaron e anotaron : Fátima 8, Mar 10, Tania 2, Lucía 16, Margarita 23, Adela 2 e Celia 4.
    19 faltas (eliminada Mar, min 38). Parciais : 19-20/20-14/20-14/10-17

Clasificación e última xornada
   A vindeira xornada remata a liga e o CB Burela recibe a Calasancias Coruña (5º clasificado) coa sana intención de darlle unha alegría á nosa aficón, despois do apoio prestado todo o ano. No partido disputado en Coruña as nosas perderon por once puntos nun partido marcado polas ausencias e a lesión de nocello de Lucía Carabán.

   Rubal espera recuperar se é posible a Marta Cifuentes e a Laura, pero o seu estado físico debe ser óptimo para non correr ningún risco de lesión máis importante.

sábado, 18 de abril de 2015

Axenda 18/19 abril

Partidos CB Burela 18/19 abril

Novo fin de semana de competición cos seguintes partidos:

  •     Benxamín Feminino, amigable en San Cibrao co grupo mixto benxamín das Escolas Deportivas do  Concello de Cervo.
  •     Benxamín Masculino (Premini), Galén - Cb Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
  •     Infantil Feminino: Galén - CB Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
  •     Infantil Masculino: Celtas-Martínez Foz / CB Burela, Foz, domingo 19 18h.
  •     Senior feminino, La Salle - CB Burela , Santiago , domingo 19, 19h.
 SORTE A TOD@S

La Salle - CB Burela