lunes, 1 de abril de 2013

As cadetes gañan o Torneo de Lourenzá

As nosas cadetes gañan en Lorenzá


   As cadetes dirixidas por Madar gañaron o Torneo "Lourenzá en xogo" disputado na vila laurentina desde o día 20 ó 30 de marzo. Cun xogo pouco brillante (pero efectivo polos resultados) as cadetes superaron a derrota pola mínima do inicio do torneo e desfixeronse do Lourenzá-Mondonedo para rematar en segunda posición de grupo e acadar as semifinais.
As cadetes gañadoras do Lourenzá en xogo 2013

    Xa na fase final do sábado as rivais en semis eran o potente equipo de Corazonistas de Vitoria, e nun partido igualado as nosas xogaron con máis acerto os últimos minutos e alacanzaron a final cun resultado 44-47, destacando Saray, Noa e Carla.

   A final iba a ser a repetición do partido inicial contra Ensino Lugo e  unha oportunidade de devolver a derrota ás capitalinas da primeira fase.

  Un partido con moitos nervios , cunha desvantaxe inicial de ata 8 puntos pero sen perder a estela do equipo lucense do que só nos separaba 1 punto no descanso. Cambio defensivo a individual e mellores sensacións nos permitiron tomar as primeiras ventaxas pra chegar a un final apretado onde as nosas conservaron a súa pequena renta e  gañar o torneo (parte delas xa o gañaran en infantís o ano pasado). 

     Destacaron Carla, Noa e Tatiana en ataque e debemos dar as gracias ás xogadoras que nos completaron o equipo chegadas de Viveiro (Fátima e Celia) e de Foz (Carla). Tamén destaca o feito de meter no quinteto ideal do torneo a Carla (na foto inferior).
Carla coas mellores do torneo
      Este grupo ten unha gran calidade técnica individual e debe seguir medrando traballando a defensa, intensidade e táctica colectiva para seguir destacando no futuro , no que moitas seguiran sendo cadetes no 2013/14.