sábado, 13 de abril de 2013

O equipo benxamín mixto : Campión da Mariña

Benxamín Mixto : Campións invictos

     O equipo benxamín mixto do CB Burela Pescados Rubén rematou a liga escolar benxamín da Mariña sen coñecer a derrota e clasificouse para as finais provinciais que se disputarán no vindeiro mes de maio.

Piqueras, Nuria, David, Diego F.,Alejandra, Claudia, Hugo e Manolo
Diego N., Luís, Julia, Angela, Fernando, Antón e Pablo
     O equipo adestrado por Manolo Cobas fixo un traballo excelente e venceu todos os partidos de liga sen dar opcións ós rivais e por segundo ano consecutivo participará nas finais provinciais, así varios dos seus integrantes xa dispoñen de experiencia en este tipo de finais a 4 (semifinal e final) despois da final á que chegaron o ano pasado.

     Venceron os 12 partidos disputados sendo o equipo máis anotador e o que menos puntos recibeu, amosando unha clara superioridade no grupo.

    Tamén debemos destacar que é un grupo que seguirá xunto en benxamíns a vindeira temporada pois só 2 integrantes pasarán á categoría alevín, o que lles asegura  outro ano con grandes resultados.

    Para preparar esta importante cita, disputarán varios partidos amigables (este fin de semana van a Ribadeo) partidos onde o menos importante é o resultado e o que importará será o xogo e a confianza para rematar esta exitosa temporada da mellor forma.
Clasificacion final liga benxamín mixta 2012/13 de A Mariña