domingo, 14 de abril de 2013

SENIOR: Misión cumplida, victoria en Lugo

¡¡  Victoria, liderato e ascenso  !!

    Nova xornada da 2ª autonómica feminina e desprazamento a Lugo para xogarnos a 1ª praza diante do potente Pulpalia que , de gañar, acadaría o liderato. Novamente viaxamos sen as lesionadas Irene F., Sol e a baixa de Melani por motivos persoais, o que nos deixa moi tocada a rotación de xogadoras interiores.

    O partido iníciase cunha boa dinámica defensiva e rápidas transicións que nos dan as primeiras ventaxas (0-7, min.3) que se consolidaban nun cuarto de total dominio visitante (2-19). O seguinte parcial continua esta dinámica e as locais non son capaces de parar o ataque burelés (tanto en estático como en transición) e ten graves problemas de anotación polo que o resultado ó descanso xa é moi claro para as nosas (11-36).
O CB Burela Senior despois de gañar en Lugo
    Despois do descanso o cambio defensivo local, a maior dureza defensiva e o acerto exterior psrece reanimar ó equipo local que consigue un parcial (17-5) pero as nosas consiguen adaptarse ás novas circunstancias e deixan a diferencia en 20 puntos a falta de 10 minutos (30-50). O último cuarto as nosas limítanse a consevar as diferencias para rematar o partido con certa tranquilidade polo marcador a favor de 43-62.
       
       Xogaron polas nosas: Miriam (2), Mar (18), Carla (13), Lucía (2),      Irene M., Marta (7), Claudia (1) e Margarita (19).

        Parciales:   2-19  //  9-17  //  19-14  //  13-12     25 faltas , sen eliminadas

     Destacamos tamén a dedicatoria desta victoria a unha das nosas xogadoras máis destacadas, Miriam Vázquez, que celebraba o seu cumpreanos e que posa na foto da dereita coa tarta  que lle levaron as súas compañeiras.

     Enorme a racha das nosas, 12 victorias consecutivas (a 2ª volta gañando por 15 ou máis ptos. de diferencia), a última derrota no mes de novembro e unha dinámica de equipo impecable, baseada no esforzo e o traballo que nos levou a asegurarnos a 1ª posición, que nos da dereito a xogar contra o mellor equipo do grupo sur polo Campionato Galego de 2ª División Feminina.

     Así, temos garantida unha praza na 1ª división feminina para a vindeira temporada, obxetivo que supera de largo as espectativas postas neste grupo a principios de liga, que tivo que loitar con moitas dificultades (falta de pretemporada, de horas de pabellón para adestrar, falta de apoio das institucións, lesións graves...) pero que estimamos moi merecido polo traballo realizado.
     A vindeira semana desprazámonos de novo a Cee para xogar contra Bazarra Costa da Morte que está pola parte medio baixa da clasificación pero que mellorou moito os seus números con respecto á primeira volta. O resultado non é xa decisivo para a clasificación e as nosas irán a disfrutar do baloncesto sen presión de ningún tipo.