Gran partido das cadetes
Os equipos femeninos da base competiron este fin de semana, con resultados diversos, tanto en competición oficial como en partidos amistosos co CB Viveiro e o CB Vegadeo.
As alevíns xogaron en Viveiro e fixeron un bo partido gañando por 4 puntos, deixando clara unha mellora no seu xogo a escasas 2 semanas do inicio da liga escolar comarcal. Por outra parte , as infantís xogaron o sábado en Viveiro cunha derrota amplia (20 ptos.) e o domingo en Burela melloraron as súas prestacións na derrota mínima diante do CB Vegadeo.
Xa en competición oficial (liga FGB cadete, 2ª división), o CB Burela tiña un partido de rivalidade comarcal diante do ED. Lourenzá-Mondoñedo, resolto cun moi favorable resultado de 81-28.
CB Burela cadete fem. 2012/13 |
O partido non tivo moita historia pois xa no 1º cuarto o resultado era casi definitivo (22-7), para chegar ó descanso cunha diferencia de 26 ptos (41-15) e máis do mesmo na segunga parte para alcanzar a diferencia final de 53 ptos (81-28). Intensidade defensiva e unha bon movemento de balón diante da zona visitante chegaron para demostrar unha superioridade total en todos os aspectos do xogo. Non podemos destacar a ninguén polo esforzo defensivo colectivo, pero debemos mencionar o debut cunha canasta da infantil Lara.
Xogaron: Katia (14), Noa (22), Saray(7), Elena(-), Lara(2), Tatiana (23), Teba(1) e Tamara (12).
Na clasificación son segundas e o vindeiro partido serán en Burela o domingo contra o lider Galén-Ensino.