lunes, 28 de octubre de 2013

Domingo de baloncesto en Vista Alegre

Domingo completo en Vista Alegre

   Tarde de baloncesto en Vista Alegre co estreno en Burela dos equipos senior feminino e junior masculino.

Imaxe do partido CB Burela - Tigres
  Empezaron os juniors masculinos de Manolo Cobas co partido contra Tigres de Lugo nun partido igualado ata o minuto 14 onde as pérdidas de balón e o escaso rebote daban ventaxas  de máis de 10 puntos ós lucenses. Esta desventaxa continuou e incrementouse durante o terceiro cuarto (20ptos.) e os intentos dos locais de reducir esta ventaxa deron froitos no último cuarto onde se baixou a diferencia s menos de 10 puntos pero rematou o partido con derrota por 12 puntos (62-70).

  Este equipo está aínda en fase de construcción e a xuventude da plantilla da un gran marxe de mellora no futuro.

     Despois era o turno das seniors que recibían ó Bazarra Costa da Morte de Cee, equipo cun partido xogado e gañado.

Foto de familia do CB Burela Senior e adestradores
    Posta en escea inmellorable cun parcial de 27/6 que evidenciaba unha diferencia no xogo moi grande, cun dominio defensivo total diante dun equipo voluntarioso pero incapaz de ter posición de tiro cómodas. As rotacións non daban respiro ás visitantes que encaixaban outro parcial demoledor no 2º cuarto (30-0) polo que quedaba sentenciado o partido antes do descanso (57/6).
     A segunda parte, de trámite, daba oportunidade de ir probando cousas novas en ataque á vez que as diferencias seguían en aumento (81/16) para cerrar o partido cun 104-28 que deixa clara a diferencia entre os equipos. A nota máis negativa foi a lesión dunha das xogadoras visitantes.

   Destacaron todas a xogadoras en esforzo defensivo e debutou unha nova junior, Saray, que coas outras juniors tivo minutos para perderlle medo á competición senior.

   Golpe de autoridade do equipo que debe verse respaldado contra rivais máis serios como o CB Cambre no vindeiro fin de semana (líder e imbatido) que nos dará unha imaxe máis real das posibilidades do noso equipo na liga.

    Xogaron e anotaron: Alba (4), Miriam (11), Lucía Ca.(5), Mar (20), Tatiana (11), Lucía Paz, Marta Cifu (12), Claudia (4), Margarita (15), Saray (2), Adela (10) e Celia (8).