Dobre xornada como visitantes
O fin de semana do 19 e 20 de outubro os equipos junior masculino e senior feminino debutaron nas ligas da 2ª FGB con resultados dispares que pasamos a comentar:O equipo senior feminino desprazábase a Laracha coas baixas da capi Marta Cifu e de Carla Candia e consigueu unha boa victoria diante do equipo local por 29-63, debutando en competición oficial Lucía Carabán e as juniors Adela, Celia e Tatiana (con idade cadete). Partido de trámite para ver o traballo de pretemporada do noso equipo , que no seu primeiro desprazamento estba formado por xogadoras cunha idade media inferior ós 20 anos. tamén sirveu para o debut de 3 xogadoras junior que levan adestando con nós desde a temporada pasada . O equipo rival mellorou as súas prestacións da pasada temporada con novas incorporacións e melloría do seu xogo.Xogaron : Alba, Miriam (9), Lucía Carabán (4), Mar (7), Tatiana (2), Lucía Paz (2), Claudia (7), Margarita (8), Adela (20) e Celia (4). O partido empezou moi trabado , con constantes fallos e pérdidas ata que as nosas conseguiron axustar a defensa e poder empezar a correr para deixar o primeiro cuarto en 2-9. O segundo e terceiros cuartos as locais sufriron moito para poder circular o balón a atopar tiros fáciles e as nosas xogadoras combinaban unha asfixiante defensa con ataques posicionais con criterio para agrandar a diferencia a 30 puntos ó final do terceiro cuarto.A diferencia podería ser maior de ter maior acerto nos tiros libres e nos contraataques. Un CB Burela distinto ó do pasada temporada, cunha actitude e esforzo das xogadoras loables, recollendo o traballo realizado no mes de pretemporada (melloría física sobre todo e na defensa) e o compromiso de que as máis novas (juniors) entren na rotación e disfruten de moitos minutos de calidade. O seguinte partido (domingo 18h Burela) contra Costa da Morte debe seguir na liña do primeiro diante dun rival asequible na que as nosas deben levar a iniciativa durante todo o partido. Por outra banda, o equipo junior masculino de Manolo Cobas debutou con derrota en lugo diante do Estudiantes de Lugo 70-46. viaxaba o equipo coa baixa de Rivas e a presencia de varios xogadores cadetes e fixeron frente durante varias fases do partido pero o acerto exterior dos capitalinos no último cuato deulles unha victoria sin complicacións.
O vindeiro domingo (16h.) tentarán conseguir a súa primeira victoria diante do Tigres de Lugo en Vista Alegre.