lunes, 26 de enero de 2015

Un mal terceiro cuarto condena ás senior en Coruña

Derrota das senior en Coruña

  Último partido da 1ª volta da 1ª Autonómica Feminina e derrota das nosas diante de A.D. Calasancias por 59-48 no Pabillón de RiazorII. O equipo local era un gran adversario para as nosas ó estar clasificado en segundo lugar cunha victoria máis que o CB Burela, e as nosas intentaban acadar a cuarta victoria consecutiva.  O equipo de XM Rubal partía cunha rotación moi escasa pola ausencia das juniors vinculadas do CB Viveiro (por incompatiblidade de horarios), Salo e  da lesionada Lucía Paz que cumple as últimas etapas da sús longa recuperación. Polo tanto 8 xogadoras diante dun equipo moi físico sería unha complicación aínda maior.

Tania Paleo
  O partido foi moi igualado na primeira parte, onde as ventaxas foron escasas, rematando o primeiro cuarto 15-14 para as locais pero coa mala noticia da recaída da lesión de nocello de Lucía Carabán mo minuto 8 do partido, polo que xa non iba a participar máis no xogo. O segundo cuarto foi moi positivo para as nosas e a aportación de Margarita fixo conseguir unha máxima renda de 5 puntos (19-24) gracias ás variantes defensivas e ás transicións aínda que un arreón local volvía a igualar o partido 28-27. 

  A segunda parte foi moi distinta cun terceiro cuarto moi malo para as nosas e un acerto brutal das coruñesas desde a liña de 3 puntos (6 triples, 5 seguidos) o que disparou o marcador ata un casi decisivo 50-36 ó final do cuarto. A volta á defensa individual permiteu rebaixar a diferencia a 8 puntos pero o cansancio non fixo perigar a victoria das locais.

Marga, 20 ptos, en Coruña
  Destacou Margarita, cada vez máis entonada nesta liga, o esforzo de Marta Cifu e a aportación por dentro de Tania , que despois de varios anos sen xogar volve a disfrutar na cancha.

  Na parte negativa , a lesión de Lucía e os erros defensivos en segundas axudas, que deberán correxirse de inmediato.

  Polo CB Burela xogaron: Marta A., Mar 4, Laura, Tania 6, Lucía C.4, Marta Cifu 10, Margarita 20 e Adela 4.   13 faltas , eliminada Mar (min.38)     Parciales  15-14/13-13//22-9/9-12

 Na clasificación voltamos a caer ó sexto posto (empatadas coas quintas) e a vindeira semana iniciamos a segunda volta diante do lider Universitario de Ferrol no pabillón de Esteiro (domingo 17h.).

  Unha vez rematada a 1ª volta a bagaxe é moi positiva, competindo cara a cara con todos os equipos e para un equipo debutante con marxe de mellora , é unha clasificación moi meritoria, xustificando o esforzo persoal de xogadoras, técnico e clube para competir nunha liga na que demostramos cada fin de semana que é a nosa.
CLASIFICACIÓN DA 1ª VOLTA DA 1ª AUTONÓMICA

sábado, 17 de enero de 2015

Nova victoria das seniors

Terceira victoria seguida das seniors 

  Nova xornada da 1ª Autonómica e victoria do CB Burela diante La Salle Santiago 63-46, terceira consecutiva das nosas e cuarta en total . O equipo visitante iniciaba opartido cunha victoria menos e agora queda a dúas victorias na clasificación , na que o noso equipo pode subir ata a cuarta praza.

  Afrontaba Rubal o partido coas baixas de Laura (por estudos) e Salo, pero o resto do equipo non iba a deixar que se notaran as ausencias, e cun inicio igualado 9-10 parecía que iba a ser outra vez un partido igualado, pero as nosas nun bo final de cuarto culminado por un triple de Celia deixaban xa certa diferencia no marcador (18-10). O segundo cuarto foi igualado e as forasteiras deixaron o seu mellor baloncesto, colocándose a 3 puntos pero chegaban o descanso 6 abaixo (30-24).

  A segunda parte foi moi boa por parte do CB Burela, cunha gran circulación de balón, acerto no tiro e defensa por veces asfixiante, polo que o terceiro cuarto no que as nosas ofrecían o seu mellor baloncesto agrandaba  a diferencia ata un 50-38,  parcial que aumentaría  ata os 16 puntos de ventaxa nun final de partido no que as rivais vivían e morrían desde a liña de 6.75.

Celia, destacada
   Polas nosas, Margarita estivo acertada no tiro, Celia fixo o seu mellor partido como xogadora do CB Burela, e colaboraron  como sempre as demais xogadoras (Mar e Marta Cifu en dobres díxitos), destacando a aportación de Tania e Marta Alv. desde o banquiño.

  Xogaron e anotaron: Marta A., Fátima (6), Mar (10), Tania (2), Marta Cifu (12), Lucía C., Margarita (16), Adela (4) e Celia (13).
         17 faltas , eliminada Margarita min 37  18-10/12-14/20-14/
13-9

   A vindeira xornada as nosas visitan Coruña para enfrentarse ó Calasancias, segundo na clasificación , que a tempada anterior competían ben na 1ª Nacional (renunciando a súa praza), polo que será un difícil desprazamento.

Fin de Semana con só 4 partidos federados

HORARIOS DE SÁBADO 17

  Nova xornada das ligas federadas con pouca actividade dos nosos equipos e ningun partido de competición escolar (polas competicións de campo a través).

  • Premini:  CB BURELA-CB VIVEIRO, sábado 10,30h no Monte Castelo, boa oportunidade de ver os progresos dos máis pequenos.
  • Benxamín masculino federado, Estudiantes Lugo- CB Burela, no pabillón do Palomar o sábado ás 17h.
  • Infantil feminino, Ensino Lugo- CB Burela, Anexo do Pazo ás 16h.
  • Cadete feminino, Ensino Lugo- CB Burela, Anexo do Pazo ás 18h.
  • Senior feminino, CB Burela - La Salle Santiago, sábado 16h Pabillón Vista Alegre
 SORTE A TODOS/AS


CB BURELA - LA SALLE : sábado 16h