martes, 10 de marzo de 2015

Canteira: Cara e cruz

Diversidade de resultados na base

  Nova xornada dos equipos de base, con resultados de todas as cores:

1- Prebenxamín mixto, victoria dos máis pequenos/as en Viveiro por un axustado 34-36, nun partido disputado en Viveiro contra o CB Viveiro. O resultado é o de menos, sendo importante que os nosos xogadores máis pequenos/as teñan partido para ver os seus progresos e participen cunhas reglas que despois terán en idade benxamín.

2-Benxamín feminino, con derrota en Viveiro contra CB Viveiro 56-30, nun partido contra un equipo mixto onde varios nenos destacaban pola súa presencia física. Pero este tipo de partidos contra equipos casi masculinos sirven para elevar a esixencia das nosas nenas e que no fututro destaquen cintra equipos só femininos. A mellor do equipo foi Sofía .

Clasificación actual dos Benxamíns no Provincial
3- Benxamín masculino federado, victoria diante o CB Ría de Ribadeo en Ribadeo  16-59, onde os nosos fixeron valer a súa calidade e o seu estatus de favoritos nesta liga benxamín provincial. A vindeira xornada (20 de marzo), visitarán ó Cidade de Lugo coa primeira praza do grupo en xogo. O equipo capitalino venceu na ida en Burela nun partido moi reñido e agora os de Lolo buscarán a revancha en Lugo co premio do primeiro posto na liga.

4- Alevín masculino, victoria en Viveiro diante o CB Viveiro por 27-52, no que os de Madar non lle deron opcións ós locais. Destacou Pablo Fdez. demostrando a experiencia acumulada durante 3 anos en alevíns.

5- Alevín feminino, derrota en Viveiro contra o CB Viveiro por 18-16, nun moi mal partido e no que a polémica arbitral estivo presente nunhas discutidas decisións finais. As nenas dirixidas esta vez por Marga deben seguir pelexando por mellorar.
Infantil Masculino CB Burela

6- Infantil Masculino, dolorosa derrota en Ribadeo , diante o CB Ría de Ribadeo, por un contundente resultado ,63-36, que deixa clara a superioridade dos locais. O mal inicio dos de Roxelio (20-2 de inicio) e o mal xogo despregado fixeron ós nosos merecedores da derrota. Este equipo parece que sae acobardado sempre diante os ribadenses e non é capaz de despregar todo o baloncesto do que é capaz.

Cadete feminino CB Burela
7- Infantil feminino, derrota en Burela contra as Escolas Deportivas de Lourenzá 31-51. As de Madar non souperon estar á altura das visitantes, e atragantáronse na defensa das visitantes.

8- Cadete feminino, victoria no partido de volta da semifinal polo quinto posto, 32-41 , diante o Cidade de Lugo, nun partido de trámite onde se volveu a ver a superioridade das de Madar e que sirveu de preparación para a eliminatoria polo quinto posto contra Ensino de Lugo.

9- Junior Masculino, co partido de volta contra Estudiantes de Lugo, derrota dos de Manolo, que quedan na cuarta posición , moi meritoria para un equipo moi corto en número e en altura, no que a presencia de varios cadetes foi moi importante.