lunes, 16 de marzo de 2015

Nova derrota das senior en Vista Alegre

Outro final priva as senior da victoria

  Nova xornada da 1º Autonómica Feminina e visita dun dos equipos da parte alta da clasificación, o Pío XII de Santiago, equipo que viaxaba a Burela con só tres derrotas e que aspira á fase de ascenso a 1ª Nacional.

  O equipo de Rubal volvía a ter poucos efectivos pola ausencia por estudos de Marta Álvarez e pola falta das xogadoras juniors vinculadas ó CB Viveiro, que cambiaron a data do seu partido en Pontedeume para o domingo sen ter en conta os horarios do equipo senior e non lles dan a posibilidade ás junior de disputar o partido de Burela. Así nin Celia nin Fátima estaban disponibles e reducía a 8 a convocatoria.

  O partido foi como ven sendo habitual moi igualado, con defensas intensas e pouca anotación (11-12, min.10), tónica que se mantivo no segundo cuarto (21-20 ó descanso), con poucas canastras en xogo eun partido intenso e pouco vistoso. Marta Cifu non participou moito por ter tres faltas no minuto 12 agrandando máis a falta de rotacións.

  A falta de rotación fixo que no bando local se cambiase a defensa para administrar esforzos e faltas, polo que as visitantes aproveitaron un baixón ofensivo local para coller unha pequena diferencia de 4/5 puntos chegando ó minuto 30 cunha ventaxa de 30-34 e deixando todo por resolver no último periodo.

Marta e Mar nun contraataque na pasada temporada
  As visitantes chegaron a ter  ata 8 puntos de ventaxa que despois dun tempo morto local se consigueu ir reducindo a base de defensa , pero unha técnica ó banquiño local e a suma de faltas (12 sinaladas na segunda metade ás nosas) non deixaban igualar o partido. Con todo dous contraataques fallados coa posibilidade de empatar o partido a falta de 2 minutos  facían que as locais non perdesen nunca  a fe na remontada. Unha perda de balón, dous triples fallados e os tiros libres anotados polas de Santiago fixeron de novo medrar a diferencia adversa para deixala nun 45-51 final.

   Outra oportunidade perdida de sumar unha victoria que o equipo por casta e  esforzo merece e que non chega. Os árbitros tiveron unha actuación gris, pendentes da grada e de poder sumar algunha técnica ás locais, pero o peor é a falta de criterios técnicos comúns coas arbitraxes que o equipo recibe nos desprazamentos, deixando ás xogadoras desconcertadas coa permisividade dos contactos, o criterio dos ciclos de pasos e a falta de diálogo e arrogancia coa que nos pitan como locais.

   Polo CB Burela xogaron e anotaron: Mar (12), Laura, Tania (6), Marta Cifu (3), Lucía Carabán (9), Margarita (14) e Adela (1).   17 falta e 1 técnica ó banco local.

  Se queres ver a crónica do Pío XII podes facelo no seguinte   ENLACE

   As vindeiras xornadas empezamos con partidos de rivais da parte media e baixa, polo que o xogo que nos fai competir cos rivais da parte alta , nos ten que dar verdadeiras posibilidades de victoria. Para empezar , o vindeiro sábado temos o desprazamento a Porriño (18h), colista da clasificación cunha soa victoria.