SENIOR FEMININO: Derrota pola mínima
Na mañá do domingo disputábamos o partido contra Area 10 coa intención de seguir coa boa línea demostrada no inicio da liga, pero, un inicio desastroso cun parcial de 2-16 nos lastraba para o resto do partido. Melloramos no 2º cuarto pero non o suficiente e o equipo rival dominaba o marcador o descanso por 11 a 27. As claves, a veteranía do equipo rival, a mala presión realizada e a inoperancia ofensiva diante da zona rival.
Coa lección ben aprendida iniciamos a 2ª parte, elevando a intensidade da nosa defensa, movendo máis o balón, e , con mellor selección de tiro, iniciamos unha pequena remontada , aínda que ó final do cuarto non se reflexaba no marcador (22 a 37). Seguimos defendendo, e pouco a pouco reducimos ventaxas ata colocarnos a 1 punto coa posesión do balón a falta de 18 segundos. Unha mala elección non nos premiteu tirar co que se acbou o partido perdendo pola mínima.
Miriam anotou 9 puntos na 2ªparte |
Destacamos a gran remontada do último cuarto (16-2), que nos debe marcar a liña de xogo para o futuro e o esforzo de todas as xogadoras, que intentaron compensar as 4 baixas coas que contábamos.
Xogaron Marga (10), Tania (4), Miriam (10), Mar (4), Lucía (4), Carmen (-), Irene Fdez (4) Melani (-)e Claudia (2).
Tanteo : 2-16 / 9-11 / 11-10 / 16-2
A vindeira semana toca viaxar a Coruña para xogar diante do ADFRO, que encaixou 2 derrotas nas 2 primeiras xornadas, polo que unha victoria compensaría a derrota contra Area 10