EMPEZA A COMPETICIÓN
A tempada oficial 2012/13 xa está aquí, o novo equipo senior do C.B. Burela xa iniciou a liga interzonal norte cunha vistoria local diante doCB Ribeiras do Lea por un resultado final de 69 a 45.
Despois dun inicio desacertado (3-10) a defensa preionante das nosas empezou a dar froito despois de rematar o 1º cuarto (10-12). Un gran segundo cuarto, cun parcial de 22 a 8 deixou unha ventaxa no descanso de 32 a 20.
Rematado o descanso, o relax non nos sentou ben e as visitantes se acercaron a 4 puntos, un tempo morto e voltou a defensa que tan bo resultado dera antes e rematou este cuarto cun resltado de 45 a 32. O cansancio físico das visitantes fixo que o ultimo cuarto fose tranquilo para o Burela que acumulou unha renta final de 25 puntos(69-45).
Unha boa rotación, a dosificación de esforzos, unha gran actitude e as ganas demosrtadas fixeron que os poucos entrenos realizados serviran para dar a coñecer un grupo forte que nos pode dar moitas satisfacións este ano.
Todas as xogadoras fixeron un gran traballo tanto no esforzo defensivo como no ataque á zona do equipo rival.
As anotadoras foron : Margarita (14), Irene Méndez (12), Marta (12), Miriam (16), Mar (2), Sol (-), Araceli (5), Lucía (-), Irene Fdez. (5) e Carmen (4) . Anotaron 2 triplas Araceli e Miriam.
1ºC : 10-12 2º C : 22-8 Descanso : 32-20 3º C : 13-11 4º C: 24-12 Final : 69-45
A vindeira semana hai partido en Coruña para o que esperamos contar con Melani, Carla, Sonia e Claudia e ir afinando os sistemas de ataque e da nosa defensa.