Doble victoria do CB Burela neste fin de semana
O Clube Baloncesto Burela senior feminino acadou unha importante victoria no seu desprazamento a Cambre cun tanteo final de 40 /53. Esta victoria é moi importante por ser o CB Cambre un dos equipos a batir do campionato ó ser o vixente campión galego de 2ª división feminina na tempada 2011/12.
Esta idea nos reforza de cara á liga na idea de que o noso plantel de xogadoras deben optar a estar arriba nesta liga recén iniciada.
Na foto, Irene e Margarita (24 puntos entre elas). |
O partido iniciouse con moitos erros polo que o primeiro cuarto pódese chamar de tanteo (8/10). No segundo cuarto a defensa visitante empezou a facer estragos no ataque local polo que se estirou a diferencia ó decanso a 8 puntos (16/24). No terceiro cuarto mantívose a diferencia nun intercambio de canastas para voltar ós principios defensivos que nos deben facer mellores, e ampliar a diferencia ata os 13 puntos finais .
As anotadoras do CB Burela foron: Miriam (6), Marta(3), Marga (14), Irene F. (10), Lucía (2), Claudia (x), Carmen (x), Irene M. (1), Melani (4), Mar (6), Araceli (5) e Tania (2) .
O tanteo por cuartos: 8-10 / 8-14 / 15-15 / 9/14 1 triple (Araceli)
Debemos resaltar o debut de outras 2 xogadoras junior (Melani e Claudia) , que se unen ás junior que xa xogaron diante do CB do Lea (Margarita, Sol e Irene M.)
O vindeiro fin de semana recibimos ó Area 10 en Burela.
Por outro lado, inicio victorioso do noso equipo cadete feminino en Viveiro cun resultado final de 42 /57, nun partido moi disputado, diante dunhas rivais moi melloradas que nos puxeron dificil a victoria.